| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 28/10/2025 |
| Data fin | 28/10/2025 |
A intelixencia artificial xenerativa está a redefinir a forma en que as organizacións innovan, automatizan e crean valor. Nesta sesión oficial de AWS Discovery Day coñecerás os fundamentos desta tecnoloxía revolucionaria: que é, como funciona, e que impacto pode ter en distintos sectores. Presentaranse casos de uso reais xa implementados por empresas líderes, e explicaranse os servizos de AWS que permiten desenvolver e implementar solucións de IA xenerativa, como Amazon Bedrock, SageMaker e ferramentas de código aberto. Cun enfoque comprensible tanto para perfís técnicos como de negocio, esta sesión axudarache a identificar oportunidades estratéxicas e a tomar decisións informadas sobre a adopción destas tecnoloxías na túa organización.
O relator será Diego Navarro, instrutor oficial autorizado por Amazon Web Services (AWS) e especialista en habilitación cloud, con experiencia formando equipos técnicos en toda a rexión EMEA. Actualmente imparte cursos oficiais como formador freelance a través de Discoverer International, onde guía a profesionais en conceptos fundamentais, arquitecturas avanzadas e contornas serverless. O seu enfoque didáctico baséase na aprendizaxe práctica, demostracións visuais e estudos de caso reais, facilitando a comprensión de tecnoloxías cloud mesmo en contornas complexas. Conta con certificacións recoñecidas como AWS Certified Solutions Architect – Associate, AWS Certified Developer – Associate, AWS Certified Cloud Practitioner e Academy Accreditation – Databricks Fundamentals, ademais de formación especializada en SQL e arquitectura de solucións cloud. Con máis de dez anos de experiencia como arquitecto de deseño, Diego combina creatividade e coñecemento técnico para axudar ás organizacións para transformar retos tecnolóxicos en oportunidades estratéxicas. O seu estilo formativo é claro, rigoroso e orientado a resultados, cunha visión práctica aliñada coas necesidades reais do mercado.
Comprender que é a IA xenerativa, como está a transformar distintos sectores e que servizos ofrece AWS para desenvolver solucións baseadas nesta tecnoloxía, desde unha perspectiva accesible e estratéxica.
Deseñada para responsables de negocio, perfís técnicos, directivos e profesionais interesados en comprender o valor estratéxico e operativo da IA xenerativa nas súas organizacións.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- AWS
- IA
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Fundamentos da intelixencia artificial xenerativa
- Casos de uso en sectores crave: saúde, finanzas, industria etc.
- Introdución aos servizos de IA xenerativa en AWS (Bedrock, SageMaker etc.)/ etc.)
- Beneficios e retos da adopción de IA xenerativa
- Consideracións de seguridade, ética e gobernanza
- Oportunidades estratéxicas para o negocio e próximos pasos