| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 28/01/2026 |
| Data fin | 28/01/2026 |
Optimizar os procesos críticos do negocio é clave en calquera contorna corporativa. Nesta sesión aprenderás a automatizar tarefas repetitivas e complexas directamente en Oracle mediante o uso avanzado de PL/SQL, procedementos almacenados e Jobs programados. Veremos como deseñar lóxica de automatización robusta, como executar tarefas baixo demanda ou segundo calendario, e como controlar posibles erros e dependencias entre procesos. Tamén exploraremos técnicas para o seguimento e mantemento destas automatizacións en contornas en produción. Unha sesión imprescindible para quen desexa aumentar a eficiencia e fiabilidade das súas operacións diarias dentro de Oracle.
O relator será Esteban Váquez, profesional con máis de 20 anos de experiencia en diferentes tecnoloxías e roles, que ademais compaxina os seus labores profesionais con labores docentes. Nos últimos 10 anos realizou todo tipo de proxectos con tecnoloxías baseadas en Python, machine learning, Deep learning etc.., e un dos retos máis habituais é como combinar correctamente as diferentes tecnoloxías coas novas formas de despregar código.
Aprender a deseñar, programar e controlar automatizacións complexas en Oracle utilizando PL/SQL e Jobs, optimizando así operacións repetitivas e mellorando a eficiencia e o control do sistema.
Dirixido a administradores de bases de datos e desarrolladores que xestionan procesos críticos en Oracle e buscan automatizar tarefas de forma segura e controlada utilizando PL/SQL e funcionalidades avanzadas de Jobs.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Oracle
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Automatización de procesos con procedementos almacenados
- Programación e xestión de Jobs avanzados en Oracle
- Control de erros e logs de execución
- Dependencias e secuencias de execución de tarefas
- Boas prácticas de mantemento e supervisión
- Casos prácticos de automatización de procesos críticos