| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 12/02/2026 |
| Data fin | 12/02/2026 |
A interoperabilidade entre sistemas é clave na transformación dixital. Nesta sesión descubrirás como construír APIs RESTful modernas utilizando Oracle REST Data Services (ORDS) e Java, permitindo expoñer servizos empresariais de forma segura e eficiente. Aprenderás a transformar procedementos almacenados en endpoints REST, definir políticas de autenticación, estruturar a comunicación con formatos estándar como JSON e deseñar APIs reutilizables e ben documentadas. Todo cunha orientación práctica pensada para facilitar a integración de Oracle con outros sistemas, aplicacións e microservicios.
O relator será Antonio Varela, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistema con máis de 15 anos de experiencia no sector TIC. Comezou o seu camiño en mundo TIC no desenvolvemento de aplicacións web en Java, tecnoloxía na que se especializou chegando a ser Offcial Trainer para Oracle durante varios anos aínda que a súa experiencia non se centra só no ámbito da formación, se non que a foi compaxinando con diferentes roles, desde desenvolvedor a analista chegando a xefe de proxecto. Nos últimos anos focalizou principalmente en dúas áreas: no desenvolvemento de interfaces multidispositivo incluíndo o uso de Realidade Aumentada e Realidade Virtual, e na manipulación e analítica de datos usando tecnoloxías como Python e intelixencia artificial.
Entre as empresas e organismo aos que asesorou ou formou atópanse Tecnocom, PSA Citroën, Universidade de Santiago de Compostela, Balidea, Centro de novas Tecnoloxías de Aragón (CTA), Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Opentrends, Xunta de Galicia, AMFEAFIP, ESTALMAT, FINSA, Grupo SM, SERVEF...
Aprender a crear e implementar APIs RESTful utilizando Oracle ORDS e Java, facilitando así a interoperabilidade entre aplicacións e unha arquitectura máis orientada a servizos.
Seminario dirixido a desarrolladores backend, arquitectos e técnicos responsables de conectar Oracle con outros sistemas mediante APIs modernas, en contornas de integración e transformación dixital.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Java
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Introdución a REST e arquitectura orientada a servizos
- Oracle REST Data Services (ORDS): instalación e configuración
- Exposición de procedementos como endpoints REST
- Integración con Java e formatos de intercambio (JSON)
- Seguridade e control de acceso en APIs Oracle
- Documentación e probas de servizos RESTful