Desenvolvendo microservicios cloud-native con Java e Oracle Autonomous Database « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 28/05/2026
Data fin 28/05/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 11/05/2026 - 27/05/2026
  • Horario : O 28/05/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 28/05/2026 - 28/05/2026

A modernización de aplicacións pasa por adoptar arquitecturas baseadas en microservicios e plataformas xestionadas na nube. Nesta sesión aprenderás a deseñar e despregar microservicios con Java, integrándoos con Oracle Autonomous Database para aproveitar a súa escalabilidade, xestión automática e seguridade incorporada. Veremos como estruturar os servizos, xestionar conexións de forma eficiente, automatizar despregamentos e asegurar un rendemento óptimo en Oracle Cloud. Un punto de partida sólido para quen quere evolucionar cara a unha arquitectura cloud-native sen renunciar á potencia de Oracle.

O relator será Esteban Váquez, profesional con máis de 20 anos de experiencia en diferentes tecnoloxías e roles, que ademais compaxina os seus labores profesionais con labores docentes. Nos últimos 10 anos realizou todo tipo de proxectos con tecnoloxías baseadas en Python, machine learning, Deep learning etc.., e un dos retos máis habituais é como combinar correctamente as diferentes tecnoloxías coas novas formas de despregar código.

Obxectivos :

Aprender a desenvolver e despregar microservicios con Java sobre Oracle Cloud, utilizando Oracle Autonomous Database como base de datos xestionada, segura e altamente dispoñible.

Dirixido a :

Pensado para desarrolladores e arquitectos que estean a adoptar arquitecturas de microservicios e desexen integralas con Oracle Cloud e a súa base de datos autónoma.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Java
    • Oracle
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Fundamentos do desenvolvemento cloud-native con Java
  • Introdución a Oracle Autonomous Database
  • Conexión e optimización de acceso desde microservicios
  • Patróns de deseño para servizos desacoplados
  • Automatización de despregamentos en Oracle Cloud
  • Seguridade, escalabilidade e observabilidad en contornas produtivas