| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 08/04/2026 |
| Data fin | 08/04/2026 |
Este seminario avanzado explora o potencial de Gemini AI e NotebookLM para crear aplicacións xenerativas en contornas reais. Os participantes aprenderán técnicas de prompting avanzado, xeración multimodal (texto, imaxe, audio) e uso de Canvas para construír fluxos conversacionales dinámicos. Presentaranse casos de uso aplicables a formación, atención ao cliente e automatización de contido. O seminario inclúe unha introdución práctica a NotebookML, con exemplos de gems personalizados e execución de notebooks con Gemini. Realizaranse demostracións en vivo e exercicios guiados.
Está dirixido a perfís técnicos e creativos que desexen aplicar IA xenerativa de forma práctica e innovadora. Non se require experiencia previa con Gemini, pero si familiaridade básica con contornas de desenvolvemento ou notebooks.
Proporcionar aos participantes unha comprensión das capacidades crave de Gemini AI para xeración de contido e automatización de tarefas, explorar NotebookML como contorna de traballo para deseñar e executar fluxos de IA prácticos ademais de aplicar técnicas de prompting avanzado e xeración multimodal (texto, audio, visual) e integrar Gemini e NotebookML en casos reais para contornas de negocio ou formación e aprender a xerar aplicacións con Canvas, Gems personalizados e audio xerado por IA
Perfil recomendado da persoa asistente: coñecementos previos necesarios, nivel principiante, intermedio ou avanzado
O relator, será Mauro Benedetto Pazienza, Senior training Google Specialist de PUE DATA, Partner oficial de Google Cloud, con máis de 20 anos de experiencia en formacion e consultoria IT en areas como administracion, desenvolvemento e big data, Mauro esta actualmente enfocado na imparticion de cursos oficiais en Google Cloud e Cloudera en toda Europa. Traballou como formador en empresas internacionais como Telecom Italia, Bea System, Oracle University e finalmente para Cloudera University que lle concedeu como instrutor oficial de PUE, o premio Best Instrutor EMEA FY17 e FY18 ademas de ser recoñecido como best instrutor Google Cloud 2019 para EMEA.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Google Cloud
- IA
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Gemini AI e Prompting Avanzado
- Gemini Multimodal
- Introdución a NotebookLM
- Casos de Uso e Aplicacións