Da procura á conversación con IA xenerativa « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 09/04/2026
Data fin 09/04/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 23/03/2026 - 08/04/2026
  • Horario : O 09/04/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 09/04/2026 - 09/04/2026

Este seminario intensivo ofrece unha introdución práctica a Vertex AI Agent Builder, centrado na creación de axentes conversacionales e motores de procura baseados en IA xenerativa.

Os asistentes aprenderán a integrar datos estruturados e non estruturados, deseñar fluxos conversacionales e aplicar boas prácticas para a súa posta en produción. Presentaranse casos de uso reais e realizaranse demostracións prácticas. Está dirixido a perfís técnicos interesados en solucións con IA aplicada. O formato é dinámico, con espazo para preguntas e exercicios en vivo.Ao finalizar, os participantes terán unha visión clara de como aplicar Vertex AI en contextos empresariais reais. Non se requiren coñecementos previos en machine learning, pero si experiencia básica en desenvolvemento ou arquitectura cloud.

O relator, será Mauro Benedetto Pazienza, Senior training Google Specialist de PUE DATA, Partner oficial de Google Cloud, con máis de 20 anos de experiencia en formacion e consultoria IT en areas como administracion, desenvolvemento e big data, Mauro esta actualmente enfocado na imparticion de cursos oficiais en Google Cloud e Cloudera en toda Europa. Traballou como formador en empresas internacionais como Telecom Italia, Bea System, Oracle University e finalmente para Cloudera University que lle concedeu como instrutor oficial de PUE, o premio Best Instrutor EMEA FY17 e FY18 ademas de ser recoñecido como best instrutor Google Cloud 2019 para EMEA.

Obxectivos :

Que os particpantes entendan os fundamentos de Vertex AI Agent Builder e a súa compoñentes clave, aprendan a crear aplicacións de procura e conversación baseadas en modelos xenerativos, integren datos estruturados e non estruturados en motores de procura con IA, comprendan o deseño e probar axentes conversacionales e coñezan as boas prácticas para levar axentes de IA a produción, incluíndo seguridade e vixilancia.

Dirixido a :

Perfil recomendado da persoa asistente, coñecementos previos necesarios, nivel principiante, intermedio ou avanzado

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Google
    • Google Cloud
    • IA
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución a Vertex AI Agent Builder
  • Creación de aplicacións de procura
  • Deseño de axentes conversacionales