Taller práctico: Control de acceso á xestión de dispositivos de rede Cisco mediante AAA « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 16/03/2026
Data fin 16/03/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 23/02/2026 - 15/03/2026
  • Horario : Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 16/03/2026 - 16/03/2026

Esta sesión está orientada a presentar o modelo AAA (Autenticación, Autorización e Auditoría) para controlar o acceso á liña de comandos de administración de dispositivos de rede Cisco.

O enfoque da sesión será eminentemente práctico e axeitado para que, tanto principiantes como administradores de rede, poidan sacar proveito da sesión.

O obradoiro principiará presentando as diferentes liñas de entrada á xestión de routers e switches. A continuación, presentaranse os diferentes mecanismos de control de acceso que están dispoñibles para, finalmente, explicar as estratexias máis axeitadas para combinalos, implementando mecanismos de respaldo.

Para o desenvolvemento da sesión farase uso de ferramentas de simulación como Cisco Packet Tracer que permitirán aos asistentes experimentar coas configuración que se irán explicando.

Obxectivos :

Esta sesión está orientada a presentar a implementación dos mecanismos de autenticación e autorización axeitados en dispositivos de rede Cisco, utilizando o modelo AAA.

Dirixido a :

A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións.

Perfil do docente :

O relator será JOSÉ MANUEL BUSTABAD ALONSO, Instrutor oficial Cisco e Microsoft, experto en sistemas e comunicacións TCP/IP. Responsable de servizos, proxectos e persoas para diversos clientes en Grupo Oesía e en NTT e actualmente Xerente de Operacións en Emetel. Colabora con ACADEMIA POSTAL no programa Cisco Networking Academy dende hai máis de 25 anos.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • Cisco Systems
  1. Vías de acceso a Interfaz de Liña de Comandos
  2. Mecanismos de control de acceso herdados
  3. AAA New-Model
  4. Os servidores de autenticación
  5. Configuración de listas de autenticación
  6. Os mecanismos de autorización