Axentes e automatización de fluxos con IA « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 16/06/2026
Data fin 16/06/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 01/06/2026 - 15/06/2026
  • Horario : O 16/06/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 230
  • Período de docencia : 16/06/2026 - 16/06/2026

A intelixencia artificial está a evolucionar rapidamente desde modelos capaces de responder preguntas ou xerar contido cara a sistemas que poden executar tarefas, encadear pasos e participar de forma activa en procesos reais de traballo. Esta sesión ofrece unha visión clara e práctica sobre como funcionan os axentes autónomos e os fluxos orquestrados por IA, que poden facer hoxe de forma realista e como poden axudar a mellorar a eficiencia en equipos técnicos e operativos.

Ao longo da sesión explicarase a diferenza entre un modelo de linguaxe e un axente, como se deseñan workflows asistidos por IA e que tipo de tarefas poden automatizarse actualmente con bos resultados: revisión inicial de pull requests, xeración ou actualización de documentación, limpeza de repositorios, apoio en QA ou execución de secuencias repetitivas. Tamén se abordará como orquestrar estes procesos sen necesidade de desenvolver solucións complexas, utilizando enfoques visuais e de baixo código.

O obxectivo é que os asistentes comprendan o potencial real destes sistemas, identifiquen casos de uso aplicables na súa contorna e saiban por onde empezar para incorporalos con criterio e de forma útil nos seus fluxos de traballo.

Obxectivos :
  • Comprender a diferenza entre un modelo de linguaxe e un axente baseado en IA
  • Coñecer como se deseñan e orquestran fluxos de traballo asistidos por IA
  • Identificar casos de uso reais e viables para automatizar tarefas en equipos técnicos
  • Entender que tarefas poden delegarse hoxe de forma segura e cales requiren supervisión humana
  • Descubrir opcións de orquestración visual ou sen código para poñer en marcha automatizacións sinxelas
  • Obter unha visión práctica e realista do estado actual dos axentes e as súas limitacións
Dirixido a :

Equipos de desenvolvemento, QA, operacións, produto e perfís técnicos ou funcionais que queiran mellorar a eficiencia dos seus procesos mediante automatización asistida por intelixencia artificial.

Perfil do docente :

O relator será David Carvajal Garrido, consultor e formador tecnolóxico con máis de 15 anos de experiencia axudando a equipos de desenvolvemento a mellorar a súa produtividade, calidade e autonomía sen interromper a produción. É creador do método Formación Tecnolóxica Integrada, un enfoque baseado na aprendizaxe práctica directamente sobre a contorna real de traballo, o código e os proxectos activos dos equipos.

O seu traballo céntrase en acompañar a perfís técnicos na adopción eficaz de novas ferramentas e enfoques de desenvolvemento, como o low-code aplicado a arquitecturas reais ou o uso de intelixencia artificial como apoio ao desenvolvemento e ao testing, sempre desde unha perspectiva crítica e orientada a resultados. O seu enfoque pon o foco en entender que achega realmente cada tecnoloxía, como integrala sen perder control técnico e como evitar o uso superficial ou pouco sostible destas solucións.

Traballou como desarrollador full stack senior, consultor técnico e formador en empresas, ademais de ser Lead Instrutor en desenvolvemento web full stack e profesor en másteres oficiais universitarios. Combina visión técnica, experiencia práctica e criterio pedagóxico, achegando aos equipos unha mellora directa e medible na súa forma de traballar.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • IA
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Que é un axente e en que diferénciase dun LLM
  • Capacidades reais dos axentes na actualidade
  • Fluxos de traballo típicos en contornas de desenvolvemento e operacións
  • Casos de uso: QA automático, revisión de PRs, documentación e mantemento técnico
  • Deseño de workflows asistidos por IA
  • Orquestración visual e enfoques sen código
  • Supervisión humana, límites e control do proceso
  • Demos de axentes sinxelos aplicados a tarefas reais
  • Riscos, boas prácticas e criterios de adopción
  • Conclusións e seguintes pasos