| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 17/06/2026 |
| Data fin | 17/06/2026 |
A intelixencia artificial non só está a transformar a forma de desenvolver software, senón tamén a maneira de planificar, coordinar e liderar equipos técnicos. Esta sesión mostra como a IA pode converterse nunha ferramenta de apoio moi valiosa para responsables de equipos, axudando a mellorar tarefas como a planificación, a estimación, a análise de riscos, o seguimento do traballo, a comunicación interna e o acompañamento técnico das persoas do equipo.
Ao longo da sesión exploraranse usos prácticos da IA en contextos reais de liderado: creación e revisión de roadmaps, detección temperá de bloqueos, xeración de reporting máis claro, preparación de reunións, análises de riscos en proxectos e apoio en feedback técnico ou seguimento do rendemento do equipo. Tamén se abordará como utilizar estas capacidades sen perder criterio, contexto nin capacidade de decisión, evitando unha dependencia superficial ou pouco útil da ferramenta.
O obxectivo é ofrecer unha visión práctica, realista e directamente aplicable de como a IA pode axudar a liderar mellor, tomar decisións con máis información e reducir carga operativa na xestión diaria de equipos técnicos e de produto.
- Comprender como pode aplicarse a IA a tarefas de xestión técnica e liderado de equipos
- Coñecer formas prácticas de utilizar a IA en planificación, estimación e seguimento
- Identificar como a IA pode axudar na análise de riscos e a toma de decisións
- Aprender a utilizar a IA para mellorar reporting, comunicación interna e preparación de reunións
- Explorar como a IA pode apoiar o feedback técnico e o acompañamento de equipos
- Entender os límites, riscos e boas prácticas no uso de IA en contextos de liderado
CTOs, team leads, responsables técnicos, project managers, product managers e perfís con responsabilidade sobre a coordinación, planificación ou liderado de equipos tecnolóxicos.
O relator será David Carvajal Garrido, consultor e formador tecnolóxico con máis de 15 anos de experiencia axudando a equipos de desenvolvemento a mellorar a súa produtividade, calidade e autonomía sen interromper a produción. É creador do método Formación Tecnolóxica Integrada, un enfoque baseado na aprendizaxe práctica directamente sobre a contorna real de traballo, o código e os proxectos activos dos equipos.
O seu traballo céntrase en acompañar a perfís técnicos na adopción eficaz de novas ferramentas e enfoques de desenvolvemento, como o low-code aplicado a arquitecturas reais ou o uso de intelixencia artificial como apoio ao desenvolvemento e ao testing, sempre desde unha perspectiva crítica e orientada a resultados. O seu enfoque pon o foco en entender que achega realmente cada tecnoloxía, como integrala sen perder control técnico e como evitar o uso superficial ou pouco sostible destas solucións.
Traballou como desarrollador full stack senior, consultor técnico e formador en empresas, ademais de ser Lead Instrutor en desenvolvemento web full stack e profesor en másteres oficiais universitarios. Combina visión técnica, experiencia práctica e criterio pedagóxico, achegando aos equipos unha mellora directa e medible na súa forma de traballar.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- IA
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- O papel da IA na xestión técnica e o liderado de equipos
- IA para roadmaps, planificación e priorización
- IA para estimación, seguimento e detección de bloqueos
- IA para análises de riscos e apoio á toma de decisións
- IA para reporting, documentación e visibilidade do traballo
- IA para feedback técnico e acompañamento de equipos
- IA para comunicación interna e aliñamento entre perfís técnicos e de negocio
- Boas prácticas para incorporar IA na xestión sen perder criterio
- Límites actuais, supervisión humana e uso responsable
- Conclusións e seguintes pasos