| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 17/09/2025 |
| Data fin | 17/09/2025 |
O novo Drupal CMS (xaneiro de 2025) ten como obxectivo principal facer que Drupal sexa máis accesible e fácil de usar para unha audiencia máis ampla, incluíndo creadores de contido, especialistas en márketing, xestores de sitios web e deseñadores.
Drupal CMS inclúe unha experiencia excepcional “out-of-the-box” que permite crear e estender sitios con facilidade, mesmo a usuarios sen experiencia previa en Drupal. Para iso conta cunha interface máis intuitiva e amigable e con amplo conxunto de funcións preconfiguradas que os creadores de sitios web poden utilizar facilmente. Todo iso mantendo a mesma potencia e flexibilidade característica de Drupal, pero cunha curva de aprendizaxe menos pronunciada.
Neste seminario exploraremos as funcionalidades incluídas de base neste novo Drupal CMS e veremos como ampliar o portal con módulos e “receitas” adicionais. Veremos tamén as diferenzas con Drupal Core, que seguirá sendo a versión recomendada para grandes proxectos de desenvolvemento.
O relator será Fran Gil, experto en desenvolvemento web con Drupal desde o ano 2006 e formador e consultor Drupal en Forcontu desde 2009. Fran Gil é autor dos libros e plans formativos que impartiu Forcontu en Drupal desde a versión 6 á 10, e xa está a traballar nos cursos da versión 11. Tamén titoriza os cursos en liña de Forcontu e imparte os cursos presenciais e por videoconferencia para empresas.
Capacitar ás persoas participantes no uso básico de Drupal CMS, cun enfoque especial nas novas características e funcionalidades que o diferencian de Drupal Core, para que poidan crear e xestionar sitios web de maneira rápida e efectiva.
Esta introdución a Drupal CMS pode ser interesante para un amplo rango de perfís:
- Creadores/as de contido
- Deseñadores/as
- Responsables de márketing
- Desenvolvedores/as de Drupal
- Propietarios de sitios web e empresarios/as
- Calquera Profesional IT Interesado en Drupal
- Persoas sen coñecementos técnicos que desexan crear un sitio web utilizando Drupal
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Drupal
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Introdución a Drupal
- Que é Drupal CMS
- Diferencias entre Drupal CMS e Drupal Core
- Instalación e configuración básica de Drupal CMS
- Xestión de contidos
- Deseño e personalización
- Estender Drupal con módulos contribuídos