| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 29/09/2025 |
| Data fin | 29/09/2025 |
Esta xornada ofrece unha experiencia práctica de 3 horas para profesionais interesados en utilizar Vertex AI e Dialogflow CX no desenvolvemento de solucións innovadoras. Abordaranse os fundamentos de Vertex AI, incluíndo compoñentes como Agent Builder, Vertex AI Search, e Vertex AI Agents, destacando as súas aplicacións en motores de procura, sistemas de recomendación e axentes conversacionales. Os participantes aprenderán a crear un motor de procura personalizado mediante a configuración de datos estruturados e non estruturados, integrándoo en aplicacións web con APIs e widgets. Ademais, desenvolverán un axente conversacional básico utilizando Dialogflow CX e Vertex AI Agents, explorando conceptos clave como fluxos, intencións e despregamentos en diversas contornas. Este seminario combina teoría e práctica, proporcionando as ferramentas necesarias para deseñar e implementar solucións modernas que transformen a interacción e a procura en contornas empresariais.
O relator será Mauro Benedetto Pazienza, Senior training Google Specialist de PUE -Partner oficial de Google Cloud-, con máis de 20 anos de experiencia en formacion e consultoria IT en areas como administracion, desenvolvemento e big data, Mauro esta actualmente enfocado na imparticion de cursos oficiais en Google Cloud e Cloudera en toda Europa. Traballou como formador en empresas internacionais como Telecom Italia, Bea System, Oracle University e finalmente para Cloudera University que lle concedeu como instrutor oficial de PUE, o premio Best Instrutor EMEA FY17 e FY18 ademas de ser recoñecido como best instrutor Google Cloud 2019 para EMEA.
Capacitar ás persoas participantes para comprender os conceptos clave e as capacidades do ecosistema de Vertex AI, desenvolver un motor de procura personalizado utilizando Vertex AI Search e datos estruturados e non estruturados, e deseñar axentes conversacionales intelixentes con Vertex AI Agents e Dialogflow CX, implementándoos en aplicacións web ou canles de mensaxería. Ao finalizar, os asistentes estarán equipados coas habilidades prácticas necesarias para aplicar estas tecnoloxías en solucións empresariais que optimicen a procura, a interacción con usuarios e os procesos organizacionales.
Coñecementos previos necesarios, nivel principiante, intermedio ou avanzado
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Google Cloud
- Cloud
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Introdución a Vertex AI e o seu Ecosistema
- Creación dun Motor de Procura Personalizado con Vertex AI Search
- Desenvolvemento dun Axente Conversacional con Vertex AI Agents e Dialogflow CX