Testing moderno: Introdución ao testing holístico e a súa aplicación en equipos áxiles « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 01/09/2025
Data fin 01/09/2025
Datos da edición
  • Período de inscrición : 18/08/2025 - 31/08/2025
  • Horario : O 01/09/2025 de 17:30 a 19:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 01/09/2025 - 01/09/2025

A calidade do software hai tempo que deixou de ser un “check” ao final do ciclo de desenvolvemento: é unha responsabilidade compartida desde o inicio. Este seminario guiaranos a través dun enfoque holístico do testing, integrando boas prácticas desde o primeiro momento do ciclo de vida áxil. Cun enfoque práctico, exploraremos como detectar riscos antes de que se convertan en defectos, mellorar a colaboración e a comunicación entre roles e transformar a visión do testing nos nosos equipos.

O relator será Joaquín Suárez, enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e certificado ISTQB Foundation, ISTQB Agile Tester e Agile Testing Fellowship.

 

Obxectivos :

Descubrir como o enfoque holístico do testing pode transformar a calidade en equipos áxiles desde o primeiro día, incorporando prácticas e ferramentas clave para aplicalo con éxito.

Dirixido a :

Testers, enxeñeiros de calidade, desenvolvedores/as, Scrum Masters, Product Owners e toda aquela persoa con algún rol involucrado en equipos áxiles. Recoméndase ter coñecementos básicos de desenvolvemento en marcos áxiles e de testing. 

  • Duración :
    2 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Testing
  • Que é o testing holístico e por que é clave en axilidade?
  • Técnicas prácticas para implementar hoxe mesmo no teu equipo
  • Casos reais e erros comúns a evitar