| Metodoloxía | Virtual |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 11/02/2026 |
| Data fin | 11/02/2026 |
Neste obradoiro presentarase o concepto de automatización de configuracións de dispositivos de rede, concretamente de equipamento Cisco. Estas tarefas de automatización abordaranse utilizando como linguaxe de programación base Python, do que se fará unha pequena introdución.
A automatización de configuracións en dispositivos de rede Cisco utilizando Python como linguaxe base permite simplificar e axilizar tarefas repetitivas, como a configuración inicial, actualización e a xestión da rede en xeral. Python, coas súas librerías, facilita a conexión remota aos dispositivos Cisco mediante SSH e a execución de comandos para facer cambios na configuración.
Realizarase tamén unha breve introdución ao funcionamento e configuración básica do sistema operativo Cisco IOS para, a continuación, orientar a sesión ao desenvolvemento de exemplos básicos de uso para que calquera administrador de rede podida realizalos sen necesidade de coñecementos previos de programación.
O relator será Carlos Torres Paz, Enxeñeiro Informático pola UDC na especialidade de Tecnoloxías da Información e Máster Universitario en Ciberseguridade, experto en automatización de configuracións de dispositivos de rede, concretamente con equipamento Cisco, Managed Services Engineer en NNT Data e Administrador de Sistemas e colaborador no programa Cisco Networking Academy.
O obxectivo de esta sesión é facer unha presentación, eminentemente práctica, das posibilidades de automatización na configuración de dispositivos de rede Cisco.
A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Virtual - Tecnoloxía :
- Python
1. Fundamentos de Cisco IOS
2. Fundamentos da linguaxe de programación Python (para administradores de rede)
3. Automatización de dispositivos de rede
4. Exemplos prácticos de automatización