Introdución á IA « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 15/04/2026
Data fin 15/04/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 30/03/2026 - 14/04/2026
  • Horario : O 15/04/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 15/04/2026 - 15/04/2026

Esta sesión está orientada a  presentar un enfoque moderno e práctico para principiantes do mundo da Intelixencia Artificial, centrándose en proporcionar os conceptos clave da IA con un enfoque práctico, utilizando diferentes aplicacións.
Comezaremos con unha visión xeral da IA e, a continuación, exploraremos aspectos de visión por computador utilizando aplicacións moi sinxelas así como de ferramentas de tradución.
Finalmente, adentrarémonos no uso de chat-bots con recomendacións para escribir mellores prompts e practicaremos con algúns dos máis populares.
Esta sesión baséase na microcredencial de Cisco Netacad denominada "Introduction to Modern AI", o que permitirá aos asistentes que superen unha pequena proba online obter unha "digital bagde" da formación.
O relator será FRANCISCO JAVIER NÓVOA DE MANUEL, da Universidade da Coruña, que colabora con ACADEMIA POSTAL no programa Cisco Networking Academy desde hai máis de 25 anos.

Obxectivos :

Esta sesión está orientada a  presentar un enfoque moderno e práctico para principiantes do mundo da Intelixencia Artificial, centrándose en proporcionar os conceptos clave da IA con un enfoque práctico, utilizando diferentes aplicacións.

Dirixido a :

A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual

1.    Introdución a IA moderna
1.1.    AI, Machine Learning e Modelos
1.2.    Visión por computadora
1.3.     Machine Translation
1.4.     Introdución aos Chatbots
1.5     IA xenerativa

2.    Open Ended Project