| Metodoloxía | Virtual |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 11/03/2026 |
| Data fin | 11/03/2026 |
Neste taller desenvolverase o concepto de automatización de configuracións de dispositivos de rede Cisco con Ansible.
A automatización de configuracións de dispositivos de rede con Ansible permite xestionar e configurar de xeito eficiente dispositivos como routers, switches ou firewalls simplificando tarefas como a implementación, actualización e mantemento da rede.
Inicialmente, farase unha breve introdución ao funcionamento e configuración básica do sistema operativo Cisco IOS, con fin de establecer un entorno de traballo básico para desenvolver o resto do obradoiro. A continuación, amosaranse os principios fundamentais do funcionamento da plataforma Ansible. Finalmente, desenvolveranse exemplos de automatización de configuracións de dispositivos, facilitando a operación e mantemento da infraestrutura de rede, superando as prestacións de outras aproximacións de automatización mais sinxelas.
O obxectivo de esta sesión é facer unha presentación, eminentemente práctica, das posibilidades de automatización na configuración de dispositivos de rede Cisco.
A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións.
O relator será CARLOS TORRES PAZ, Enxeñeiro Informático pola UDC, na especialidade de Tecnoloxías da Información e Máster Universitario en Ciberseguridade, é experto en automatización de configuracións de dispositivos de rede, concretamente conequipación Cisco, Managed Services Engineer en NNT e administrador de Sistemas e colaborador de Academia Postal no programa Cisco Networking Academy.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Virtual
1. Fundamentos de Cisco IOS
2. Definición dun entorno de probas con ferramentas de virtualización
3. Ansible como plataforma de automatización de dispositivos de red
4. Desenvolvemento de exemplos prácticos