| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 23/10/2025 |
| Data fin | 23/10/2025 |
A Computación Cuántica é un novo paradigma de computación que se aproveita dos fenómenos cuánticos máis sutís para posiblemente obter vantaxes computacionais. Durante os últimos anos houbo unha explosión na dispoñibilidade de prototipos de “computadores cuánticos” que permitiron avanzar rapidamente na comprensión destes sistemas, as súas vantaxes e as súas limitacións. Aínda que aínda se caracterizan por ser ruidosos e limitados nas súas capacidades, as súas prestacións avanzan rapidamente. Inicialmente, estes sistemas accedíanse exclusivamente a través de contornas Cloud, pero cada vez é máis frecuente atopar contornas despregadas nos CPDs de entidades públicas e privadas para o seu uso exclusivo ou controlado, integrándose con outras contornas clásicas nunha configuración híbrida, como é o caso de Qmio no CESGA. Prevese que esta tendencia siga incrementándose, co despregamento de varias unidades que se integrarán entre si e coas contornas clásicas, creando un ecosistema de computación de altas prestacións clásico-cuántico.
Neste breve curso de 2 horas de duración explicarase o concepto de computación cuántica, de unidade de procesamento cuántico, e de computación cuántica das altas prestacións, así como abordaranse as posibilidades que ten, as posibles vantaxes que poderían achegar, a integración e os desenvolvementos aínda necesarios, así como o posible impacto que terán na criptografía e os sistemas actuais de seguridade.
O relator será Andrés Gómez, Applications & Projects Dept. Manager da Fundación CESGA
Coñecer o estado actual da computación cuántica e o seu futuro a medio-longo prazo.
- Executivos de empresa que queiran coñecer as posibilidades da tecnoloxía para a súa empresa.
- Enxeñeiros e técnicos que desexen adentrarse nesta tecnoloxía.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Cuántica
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Breve introdución á computación de altas prestacións e ao CESGA
- Concepto de Computación Cuántica
- Integración computadores cuánticos clásicos: caso Qmio
- Futuro das infraestruturas de computación cuántica
- Aplicacións da computación cuántica: posibles vantaxes
- Impacto da computación cuántica