| Metodoloxía | Virtual |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 03/06/2026 |
| Data fin | 03/06/2026 |
Este seminario proporciona unha visión práctica sobre como deseñar, implementar e manter unha estratexia de ciberseguridade aliñada coa estratexia corporativa. Abórdanse os principais marcos de referencia, como COBIT entre outros, e as mellores prácticas para establecer unha gobernanza sólida, medir a madurez e comunicar o valor da ciberseguridade ao negocio.
O profesor será José Antonio Rubio.
Jose Antonio Rubio é Doutor en Ciberseguridade e Confianza Dixital cunha sólida e extensa traxectoria en Seguridade da Información, IT Governance e cumprimento normativo (Compliance).
O seu perfil combina unha profunda experiencia técnica e de xestión (como IT Security Manager e Data Protection Responsible na Universidade Rey Juan Carlos ) cun rol destacado na normalización e estandarización (Secretario de UNE/CTN 320/SC 4 e antigo Coordinador Nacional de grupos de traballo en AENOR ).
É recoñecido no sector, sendo Presidente da Asociación Española de Confianza e Cumprimento Dixital e Membro do Club de Roma - España. Tamén ten experiencia como profesor e investigador en ciberseguridade e como presentador en Cadea SER.
Habilidades Principais:
- IT Management
- Cloud computing
- Governance
Certificacións Clave:
- Certified Information Systems Auditor (CISA)
- Certified Information Security Management (CISM)
- Certified in Risk and Information Systems Control (CRISC)
- Trainer official ISACA cursos CISA, CISM e CRISC
- Implant Specialist ISO 27001
- ITIL V3 Foundation
- Comprender os principios de gobernanza aplicados á ciberseguridade.
- Conectar a estratexia de seguridade cos obxectivos corporativos.
- Avaliar a madurez do goberno de seguridade e propoñer melloras.
- Traducir métricas de ciberseguridade en indicadores relevantes para a dirección.
Profesionais con formación ou certificación CISM, CISA ou CRISC; responsables de seguridade, auditores de TI, directores/as de risco, compliance officers ou líderes de programas de seguridade.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Virtual - Tecnoloxía :
- Ciberseguridade
- ISACA
- Gobernanza en Ciberseguridade: introdución e contexto
- Marcos e modelos de referencia
- Deseño da estratexia de ciberseguridade
- Comunicación e mellora continua