Riscos e Control en Ciberseguridade e Compliance « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 18/06/2026
Data fin 18/06/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 01/06/2026 - 17/06/2026
  • Horario : O 18/06/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 18/06/2026 - 18/06/2026

Seminario práctico centrado na identificación, avaliación e tratamento de riscos en relación cos principais marcos normativos. Abórdanse metodoloxías como ISO 31000, e revísanse os controis críticos de seguridade aplicables a contornas reguladas como RGPD, RIA ou NIS2, entre outros. 

O profesor será José Antonio Rubio.

Jose Antonio Rubio é Doutor en Ciberseguridade e Confianza Dixital cunha sólida e extensa traxectoria en Seguridade da Información, IT Governance e cumprimento normativo (Compliance).
O seu perfil combina unha profunda experiencia técnica e de xestión (como IT Security Manager e Data Protection Responsible na Universidade Rey Juan Carlos ) cun rol destacado na normalización e estandarización (Secretario de UNE/CTN 320/SC 4 e antigo Coordinador Nacional de grupos de traballo en AENOR ).
É recoñecido no sector, sendo Presidente da Asociación Española de Confianza e Cumprimento Dixital e Membro do Club de Roma - España. Tamén ten experiencia como profesor e investigador en ciberseguridade e como presentador en Cadea SER.
Habilidades Principais:

  • IT Management 
  • Cloud computing 
  • Governance 

Certificacións Clave:

  • Certified Information Systems Auditor (CISA) 
  • Certified Information Security Management (CISM) 
  • Certified in Risk and Information Systems Control (CRISC) 
  • Trainer official ISACA cursos CISA, CISM e CRISC
  • Implant Specialist ISO 27001 
  • ITIL V3 Foundation
Obxectivos :
  • Comprender a relación entre risco, control e cumprimento normativo.
  • Aplicar metodoloxías estruturadas de análises e valoración do risco.
  • Conectar controis técnicos con requisitos regulatorios.
  • Elaborar informes de risco que acheguen valor ao negocio.
Dirixido a :

Certificados/as ou candidatos/as a CRISC, CISA, CISM; responsables de risco tecnolóxico, auditores/as, xestores/as de compliance ou consultores/as de seguridade.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Ciberseguridade
    • ISACA
  • Fundamentos de xestión de riscos
  • Riscos nos principais marcos normativos
  • Priorización de controis e evidencias
  • Seguimento e mellora continua