UEFI en Linux de 0 a 99 « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 27/01/2026
Data fin 27/01/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/12/2025 - 26/01/2026
  • Horario : O 27/01/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 230
  • Período de docencia : 27/01/2026 - 27/01/2026

UEFI cumpre 20 anos de vida, pero aínda é un gran descoñecido para a maioría dos administradores de sistemas pola súa complexidade. O seminario será unha mestura de parte teórica e parte práctica, para poder manexar con coñecemento de causa, UEFI en sistemas Linux. A parte práctica do seminario será sobre unha máquina virtual con Fedora 43.

O relator da xornada será Fernando Ruiz-Tapiador, Blockchain Professional (CBP) polo IIB Council, Ethical Hacker (CEH) polo EC Council, e Arquitecto Certificado por Red Hat (RHCA). Colaborador habitual do CNTG desde hai máis de 10 anos, con dilatada experiencia como experto formador certificado en Seguridade e Infraestrutura de Red Hat (con 17 certificacións de Red Hat), e en certificacións de ciberseguridade do EC Council.

Obxectivos :
  • Entender o funcionamento de UEFI a nivel técnico
  • Entender o arranque do sistema ata a carga do Sistema Operativo
  • Entender a relación de UEFI con Linux
  • Funcionamento práctico da Shell de UEFI O obxectivo último do seminario é poder xestionar UEFI desde Linux, incluíndo a recuperación de sistemas co arranque danado. 

O obxectivo último do seminario é poder xestionar UEFI desde Linux, incluíndo a recuperación de sistemas co arranque danado. 

Dirixido a :

Coñecementos previos necesarios: nivel principiante, intermedio ou avanzado 

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • LPI
    • Linux
  1. Breve introdución teórica.
  2. Proceso de arranque do Sistema.
  3. Parte do arranque en Linux.
  4. UEFI Shell. Inclúe parte práctica.
  5.  Consideracións finais.
  6.  Bibliografía.