OpenShift Virtualization: Unificando máquinas virtuais e contedores nunha soa plataforma « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 18/02/2026
Data fin 18/02/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/01/2026 - 17/02/2026
  • Horario : O 18/02/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 200
  • Período de docencia : 18/02/2026 - 18/02/2026

O seminario ofrece unha visión completa sobre como OpenShift integra virtualización e contedores nunha única contorna. Abordaranse conceptos clave, vantaxes fronte a outras tecnoloxías, instalación e creación de máquinas virtuais. Ademais, explicarase a migración desde plataformas tradicionais, xunto coa xestión de almacenamento, redes e automatización mediante GitOps. Tamén se tratarán estratexias de monitorización e backup para garantir contornas seguras e eficientes. O obxectivo é axudar aos asistentes para optimizar as súas infraestruturas híbridas con OpenShift Virtualization. Conéctate e leva a túa estratexia de virtualización ao seguinte nivel con OpenShift.

Os relatores serán:

  • Ivan Pazos Atanes, Account Solutions Architect en Red Hat. Actualmente é o responsable técnico de distintos clientes distribuídos en Galicia, Madrid, Cataluña e Baleares para tecnoloxía Red Hat en xeral. Previamente estivo 2 anos como consultor senior no dpto de servizos de Red Hat axudando a clientes a adoptar tecnoloxías de Red Hat principalmente OpenShift. https://www.linkedin.com/in/iv%C3%A1n-pazos-98621518/
      
  • Adonis García, Arquitecto de Consulting en Red Hat, responsable do deseño, arquitectura e bo desempeño das nosas tecnoloxías en distintos clientes tanto en España como en Portugal. As súas áreas de expertise son moi amplas e van desde o sistema operativo RHEL Linux, xestión a escala con Satélite automatización con ansible, almacenamento Ceph, devops, CI/CD, OpenShift e agora centrado tamén na parte de OpenShift Virtualization. https://www.linkedin.com/in/adonisgarciac/ 
Obxectivos :

Descubrir o uso de OpenShift Virtualization para integrar máquinas virtuais e contedores nunha única plataforma, optimizando a infraestrutura, reducindo a complexidade operativa e acelerando a entrega de aplicacións en contornas híbridas.

Dirixido a :

Administradores/as de sistemas, enxeñeiros/as de plataforma, arquitectos/as de infraestrutura e profesionais DevOps que xestionan contornas híbridas e buscan unificar a administración de máquinas virtuais e contedores nunha soa solución. Ideal para quen traballa en transformación dixital, modernización de aplicacións e optimización de recursos na nube.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Contedores/Contenedores
    • Red Hat
  1. Introdución a OpenShift
  2. Que é OpenShift Virtualization?
  3. Que vantaxes ofrece fronte a outras tecnoloxías de virtualización?
  4. Instalar OpenShift Virtualization.
  5. Creando máquinas virtuais en OpenShift Virtualization
  6. Como migrar doutras tecnoloxías de virtualización a OpenShift Virtualization?
  7. Como funciona o almacenamento en OpenShift Virtualization e que requisitos ten?
  8. E que pasa coa redes?
  9. Usando GitOps para xestionar tanto máquinas virtuais como contedores nunha soa plataforma.
  10. Monitorización e backup.