| Metodoloxía | Presencial |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 05/02/2026 |
| Data fin | 05/02/2026 |
O testing é unha das tarefas máis custosas e repetitivas dentro do ciclo de desenvolvemento. A IA está a empezar a transformar este proceso, permitindo xerar automaticamente tests unitarios, probas de integración, escenarios funcionais e revisións de código que detectan riscos ou inconsistencias antes de chegar a produción. Esta sesión presenta un enfoque práctico e independente de ferramentas para entender como usar IA na automatización e mellora da calidade do software.
Veremos diferentes técnicas para xerar e validar casos de proba, estratexias para integrar a IA en pipelines existentes e métodos para evitar erros típicos como falsos positivos, probas irrelevantes ou tests demasiado fráxiles. Tamén se abordará o rol do/a desenvolvedor/a: que tarefas se poden delegar realmente á IA, cales seguen necesitando criterio humano e como combinar ambas as para obter un fluxo de calidade máis rápido, lixeiro e fiable.
A sesión busca que os equipos entendan de forma realista o potencial e os límites do testing asistido por IA, e salgan con ideas prácticas que poidan aplicar inmediatamente no seu día a día.
O relator será David Carvajal Garrido, é consultor e formador tecnolóxico con máis de 15 anos de experiencia axudando a equipos de desenvolvemento a mellorar a súa produtividade, calidade e autonomía sen interromper a produción. É creador do método Formación Tecnolóxica Integrada, un enfoque baseado na aprendizaxe práctica directamente sobre a contorna real de traballo, o código e os proxectos activos dos equipos.
O seu traballo céntrase en acompañar a perfís técnicos na adopción eficaz de novas ferramentas e enfoques de desenvolvemento, como o low-code aplicado a arquitecturas reais ou o uso de intelixencia artificial como apoio ao desenvolvemento e ao testing, sempre desde unha perspectiva crítica e orientada a resultados. O seu enfoque pon o foco en entender que achega realmente cada tecnoloxía, como integrala sen perder control técnico e como evitar o uso superficial ou pouco sostible destas solucións.
Traballou como desenvolvedor full stack senior, consultor técnico e formador en empresas, ademais de ser Lead Instrutor en desenvolvemento web full stack e profesor en másteres oficiais universitarios. Combina visión técnica, experiencia práctica e criterio pedagóxico, achegando aos equipos unha mellora directa e medible na súa forma de traballar.
- Coñecer técnicas xerais de testing asistido por IA.
- Aprender a xerar tests unitarios, de integración e funcionais.
- Entender como validar e corrixir os tests xerados.
- Integrar a IA en fluxos de calidade existentes.
Desenvolvedores/as, QA, arquitectos/as e equipos DevOps interesados/as en mellorar a calidade sen aumentar a carga de traballo.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- AWS
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Introdución ao testing asistido por IA
- Xeración de probas
- Validación de calidade
- Integración no ciclo de vida
- Caso práctico conceptual: do código a un set de probas xerado e validado