Low-Code: a IA como copiloto para o desenvolvemento « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 04/02/2026
Data fin 04/02/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 19/01/2026 - 03/02/2026
  • Horario : O 04/02/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 04/02/2026 - 04/02/2026

Low-Code: a IA como copiloto para o desenvolvemento é unha sesión pensada para amosar como o desenvolvemento moderno está cambiando grazas á combinación de ferramentas low-code e capacidades avanzadas de intelixencia artificial. Se ata hai pouco crear unha aplicación requiría escribir cada liña de código a man, hoxe é posible xerar pantallas, prototipos funcionais e incluso lóxica de negocio en cuestión de minutos. Nesta sesión exploraremos que é —e que non é— o low-code/no-code, que achega realmente e por que a súa adopción está medrando tanto en equipos técnicos como non técnicos.

Veremos como a IA actúa como un auténtico copiloto durante o desenvolvemento: xeración de interfaces a partir de deseños en Figma, asistentes capaces de crear estruturas completas de aplicacións e builders visuais como FlutterFlow ou Bubble que permiten levantar solucións áxiles e robustas. Tamén analizaremos casos prácticos, boas prácticas e os límites reais do low-code: escalabilidade, mantemento, seguridade e dependencia das ferramentas.

O obxectivo é ofrecer unha visión clara e realista de como estas tecnoloxías poden acelerar o desenvolvemento, reducir carga operativa e abrir novas posibilidades para calquera equipo. Sairás con ideas, exemplos e seguintes pasos concretos para continuar aprendendo e aplicalo nos teus proxectos.
 

O relator será David Carvajal Garrido,  é consultor e formador tecnolóxico con máis de 15 anos de experiencia axudando a equipos de desenvolvemento a mellorar a súa produtividade, calidade e autonomía sen interromper a produción. É creador do método Formación Tecnolóxica Integrada, un enfoque baseado na aprendizaxe práctica directamente sobre a contorna real de traballo, o código e os proxectos activos dos equipos.

O seu traballo céntrase en acompañar a perfís técnicos na adopción eficaz de novas ferramentas e enfoques de desenvolvemento, como o low-code aplicado a arquitecturas reais ou o uso de intelixencia artificial como apoio ao desenvolvemento e ao testing, sempre desde unha perspectiva crítica e orientada a resultados. O seu enfoque pon o foco en entender que achega realmente cada tecnoloxía, como integrala sen perder control técnico e como evitar o uso superficial ou pouco sostible destas solucións.

Traballou como desarrollador full stack senior, consultor técnico e formador en empresas, ademais de ser Lead Instrutor en desenvolvemento web full stack  e profesor en másteres oficiais universitarios. Combina visión técnica, experiencia práctica e criterio pedagóxico, achegando aos equipos unha mellora directa e medible na súa forma de traballar.

Obxectivos :
  • Comprender como integrar o low-code en arquitecturas complexas sen perder control.
  • Aprender patróns de deseño híbrido (low-code + código tradicional).
  • Coñecer boas prácticas para APIs, extensións e fluxos de integración.
  • Saber cando utilizar low-code e cando evitalo.
Dirixido a :

Desenvolvedores/as, arquitectos/as, equipos de integración e responsables técnicos/as que deben convivir con solucións low-code dentro dunha arquitectura corporativa.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Cloud
    • AWS
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia

 

  • Que é (e que non é) o low-code / no-code
  • Que achega hoxe e por que paga a pena aprendelo e utilizalo
  • A IA como copiloto para o desenvolvemento de aplicacións software
  • Do deseño á app: Figma-to-Code e xeración automática de interfaces
  • Builders visuais máis populares (FlutterFlow, Bubble, etc.)
  • Casos prácticos e exemplos reais de uso
  • Onde encaixa o low-code en equipos técnicos e non técnicos
  • Limitacións, riscos e boas prácticas: Escalabilidade, Mantemento, Seguridade, Dependencia de ferramentas
  • Conclusións e seguintes pasos para seguir aprendendo