Solucións de Ciberseguridade NGFW de Palo Alto Networks « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 03/02/2026
Data fin 03/02/2026
Datos da edición
  • Período de inscrición : 19/01/2026 - 02/02/2026
  • Horario : O 03/02/2026 de 10:00 a 11:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 03/02/2026 - 03/02/2026

Este seminario aborda a perspectiva de Palo Alto Networks, líder mundial en ciberseguridade, mediante a presentación de solucións destinadas á protección de infraestruturas de rede.

  • Next-Generation Firewall: Expoñerase a arquitectura xeral das solucións de NGFW e as súas diversas variantes (Series PA, Series VM, Series CN), os sistemas operativos PAN Os asociados, e incluirá unha breve descrición sobre a preparación ante a era da Criptografía Post-Cuántica (PQC).
  • Seguridade para o Acceso á IA Xenerativa: Ante a irrupción e a adopción xeneralizada da Intelixencia Artificial xenerativa, presentaranse as solucións de IA Security propostas por Palo Alto Networks.
  • Secure Access Service Edge (SASE): O futuro da seguridade converxe no despregamento de solucións no bordo da rede. Detallarase a solución de Palo Alto Networks en contornos SASE, incluíndo exemplos de diversos casos de uso. 

O relator da xornada será Severino Castromán Souto, enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, quen conta con máis de 25 anos de experiencia no sector das Telecomunicacións, abarcando a Enxeñería e Operación de Redes de Operadores, Áreas de Tecnoloxía e a Xestión de Grandes Clientes no ámbito da empresa privada e a Administración Pública.

Actualmente, desempeña as súas funcións como Solutions Consultant en Palo Alto Networks, focalizado no sector da Administración Pública na rexión Norte, onde participa activamente no deseño e a validación técnica de solucións para as necesidades de Ciberseguridade.

Seve  aborda as distintas solucións técnicas desde a perspectiva dos casos de uso prácticos, destacando como as solucións de Palo Alto contribúen a que os clientes superen os seus desafíos
 

Obxectivos :

Coñecemento da visión, arquitectura e servizos das solucións de Palo Alto Networks

Dirixido a :

Perfil recomendado é de usuarios/as con coñecementos básicos de ciberseguridade e a evolución dos Firewalls cara a contornas SASE e as funcionalidades de seguridade modulares

  • Duración :
    2 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Palo Alto Networks
    • Ciberseguridade
  • Firewalls de Próxima Xeración, incluíndo a era Post-Quantum Cryptography (PQC)
  • Aseguranza do Acceso á Intelixencia Artificial Xenerativa
  • Secure Access Service Edge (SASE)