| Metodoloxía | Virtual |
|---|---|
| Tipo | SEMINARIO |
| Data inicio | 24/02/2026 |
| Data fin | 24/02/2026 |
Nun escenario onde as ameazas evolucionan a unha velocidade moi superior ás defensas tradicionais, a transición cara ao SOC Autónomo deixou de ser unha visión de futuro para converterse nunha necesidade crítica.
Neste relatorio, Roberto Guisado afondará na plataforma Cortex como eixo vertebrador dunha nova arquitectura de seguridade deseñada para alcanzar a autonomía operativa, destacando a utilización de AgentiX: a primeira forza baseada en axentes de IA especializados en ciberseguridade, capaz de entender, razoar, planificar e executar respostas baixo unha autonomía controlada e gobernada.
Analizaremos como a integración desta IA baseada en axentes permite reducir o tempo de resposta (MTTR) nun 98%, transformando radicalmente as operacións de SecOps desde un modelo reactivo a un ecosistema de defensa proactiva e autosuficiente, á vez que se potencia e pon en valor o labor estratéxico do especialista.
O relator da xornada será Roberto Guisado Murillo, actualmente Cortex Domain Consultant en Palo Alto Networks e Enxeñeiro especializado na converxencia entre Intelixencia Artificial e SOC Autónomo.
Cunha traxectoria de máis de 20 anos na vangarda da ciberseguridade, Roberto liderou a protección de infraestruturas críticas e contornas estratéxicas do Sector Público.
A súa experiencia en resposta #ante incidentes, así como Responsable de Seguridade e SOC Manager, outórgalle unha visión realista e privilexiada para transformar as operacións de SECOPS mediante a automatización avanzada e a xestión centralizada, garantindo a capacidade de resposta e a resiliencia operativa baixo os marcos regulatorios máis esixentes
Coñecemento da visión, arquitectura e servizos das solucións de Palo Alto Networks nas contornas de SecOps.
Usuarios con coñecementos de ciberseguridade e a xestión de Centros de Operacións de Seguridade.
- Duración :
2 horas - Metodoloxía :
Virtual - Tecnoloxía :
- Palo Alto Networks
- Ciberseguridade
- Cortex: plataforma de SecOps de PaloAlto
- AgentIX: ferramentas de IA para SOC Autonomo
- DEMO