Automatización de tarefas en entornos empresariais con Python « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 02/12/2021
Data fin 02/12/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 18/11/2021 - 28/11/2021
  • Horario : O 02/12/2021 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 500
  • Período de docencia : 02/12/2021 - 02/12/2021

Python é unha linguaxe de programación de propósito xeral e dos máis populares e estendidos a día de hoxe, polo que foi adoptado na maioría de sectores na industria -finanzas, medicina, análise de datos...- e é fundamental para o desenvolvemento de destrezas crave no sector TIC: Big Data, Machine Learning, Data Analysis, IoT, estatística...

Os contidos teóricos e prácticos desta actividade enmárcanse no novo curso PCAP: Programming Essentials in Python deseñado polo Python Institute, que prepara aos estudantes cara á superación da prestixiosa certificación oficial PCAP  - Python Certified Associate Programmer.

Durante este seminario crearase desde cero, de forma modular e escalable, un software baseado en Python que mostre como é posible automatizar determinadas tarefas tediosas e/ou repetitivas que consumen gran parte do noso tempo que seguramente deberiamos dedicar a outras tarefas que aportasen máis valor á organización e que mellorasen noso desempeño profesional ou o dos nosos compañeiros

O ponente da xornada será Ricardo Jaume Albacar, con máis de 15 anos de experiencia en docencia combina o seu traballo de Senior Technical Trainer en PUE, onde entre varias certificaciones mais é instrutor acreditado do programa https://www.pue.es/pue-academy/python-institute, coa participacion activa en interesantes traballos de mentoring para equipos de startups.

O seminario será en formato virtual polo que as persoas interesadas precisarán dun ordenador con conexión a internet para participar. O CNTG facilitará á empresa organizadora o nome e email das persoas inscritas para que esta poida remitirlles por correo electrónico o enlace de acceso á plataforma telemática onde se celebrará o seminario.

A inscrición poderá pecharse antes da data indicada no caso de alcanzarse o límite de persoas inscritas.

 

Dirixido a :

O obxectivo deste seminario é introducir ás persoas asistentes nas habilidades necesarias para a programación con Python: deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados en Python en paralelo á obtención de coñecementos fundamentais e habilidades de programación dunha aplicación que poña énfasis na escritura de código para a automatización de tarefas.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Python
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución ao paradigma da orientación a obxectos (POO) 
  • Construción paso a paso dunha aplicación onde se verán os seguintes puntos:
    • Declaración de variables e funciones
    • Estruturas condicionales e iterativas
    • Uso de estruturas de datos
    • Creación de clases e Instanciación de obxectos
    • Xestión de erros/excepcións
    • Interacción co mundo exterior (Internet, rede local, servidores, etc)
    • Interacción con recursos e documentos