Guía de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas, exercicios 2025 e 2026
| Códigos SICAS dos cursos da programación 2026/2027 | ||
| Denominación | Modalidade | Horario |
| XTIFCT2624 - A relación co cliente e a venda de Servizos TIC | Presencial | Mañá |
| XTIFCT2528 - Advanced Architecting on AWS - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2629 - Apache Spark e procesamento masivo territorial - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2627 - Casos prácticos de recolección e clientes MQTT - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2557 - Curso en IA para profesionais de ciberseguridade e privacidade | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCD2516 - Data Engineer on AWS | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2621 - Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2630 - Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka e RabbitMQ - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2620 - Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2632 - Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2633 - Interoperabilidade con espazos de datos europeos - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2626 - Introdución a Data Lakes e Data Warehouses - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCP2517 - ITIL4 Leader: Digital and IT Strategy | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2564 - LPIC-3 Enterprise Security | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCD2518 - Microsoft Azure Data Engineer | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCD2517 - Microsoft Azure Developer – 2ª Edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2533 - Microsoft Azure Solutions Architect Expert - 2ª Edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2622 - Palo Alto Firewall Essentials: Configuration and Management - EDU-210 | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCP2512 - PMI-ACP Agile Certified Practitioner | Presencial | Tarde |
| XTIFCT2631 - Principios de visualización masiva e IA aplicada - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2541 - Red Hat Enterprise Linux Automation with Ansible - 2ª edición | Presencial | Tarde |
| XTIFCT2628 - Representación territorial e analítica agnóstica - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2625 - Sensores, telemetría xenérica e recolección territorial - 2ª edición | Teleformación (virtual) | Tarde |
| XTIFCT2623 - Splunk Core Certified Power User | Mixta | Tarde |
O procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concesión directa, para a obtención de bolsas e axudas para os exercicios 2025 e 2026 regúlase mediante a Orde do 16 de outubro de 2025 (DOG núm. 210, do 30 de outubro). Mediante esta orde regúlase o réxime de concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código do procedemento TR301V).
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.
INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO
- A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende a súa incorporación á acción formativa, ou dende que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
- A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- No tocante ás persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e, para iso, terán que sinalar no cadro correspondente da solicitude do anexo I a opción que corresponda (situado na parte inferior da solicitude).
- No formulario de solicitude apartado Datos da acción formativa non se cubrirá o campo Código do curso, no campo Denominación do curso incluirase a Denominación que figura na táboa Códigos SICAS dos cursos da programación 2025/2026 anterior correspondente ao curso prara o que se solicita a bolsa/axuda.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
- As bolsas de asistencia para persoas cunha discapacidade recoñecida nun grao igual ou superior ao 33%, así como as destinadas a persoas que formen parte dunha familia monoparental ou numerosa son excluíntes entre si e non se poderán percibir simultánea e acumulativamente.
- A axuda por transporte público e a axuda por transporte en vehículo propio son incompatibles entes elas.
- Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:
- Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33% (art. 5).
- Membros integrantes dunha familia numerosa (art. 5)
- Membros integrantes dunha familia monoparental (art. 5)
- Vítimas de violencia de xénero (art. 6)
- Axudas por participar na acción formativa:
- Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio (art. 7)
- Para manutención (art. 8)
- Para aloxamento e manutención (art. 8)
- Para conciliación (art. 9)