INFORMACIÓN SOBRE OS MÓDULOS TRANSVERSAIS DE OBRIGADA REALIZACIÓN NOS CURSOS DO CNTG

O módulo transversal é de obrigada realización para obter o diploma de asistencia ao curso e, de ser o caso, poder realizar o exame de certificación.

De acordo co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2023, do 30 de novembro (DOG núm. 233, do 11 de decembro), para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, na totalidade das actividades formativas de formación profesional para o emprego financiadas pola consellería competente en materia de emprego e relacións laborais introducirase un módulo sobre igualdade entre mulleres e homes, conciliación e corresponsabilidade familiar e doméstica, cunha duración de cinco horas nos cursos de duración menor ou igual a cincuenta horas e de dez horas nos cursos de duración superior a cincuenta horas.

Este módulo realizarase en todos os casos na modalidade de teleformación.

O alumnado que teña realizado este módulo non ten a obriga de volver realizalo se o xustifica fidedignamente.

O alumnado que deba realizalo recibirá vía correo electrónico a información relativa ás instrucións e as claves de acceso á plataforma dixital. Se dita información non chega á súa bandexa de entrada debe comprobar na bandexa de correo non desexado e, de non atopala, poñerse en contacto co CNTG antes de finalizar o curso.

previa realización dun módulo de cinco horas non exime de facer o módulo de dez horas. Pola contra, a previa realización do módulo de dez horas exime de realizar o de cinco horas.