FAQ : PREGUNTAS MÁIS COTIÁNS
FAQ: ASISTENCIA
É obrigatoria a asistencia ás actividades formativas?
O persoal admitido a unha actividade formativa de carácter presencial/virtual deberá acreditar a súa asistencia polo menos no 85% das horas lectivas presenciais ou virtuais de dita actividade. No caso de que a actividade formativa conte con parte en modalidade de teleformación, deberá acreditar ter superado polo menos o 85% das tarefas incluidas en dita modalidade de dita actividade.
Para os efectos de garantir a presenza na actividade formativa do persoal admitido, o CNTG, poderá utilizar diversos métodos de control, como a sinatura de partes de asistencia, ou o rexistro de asistencia das plataformas virtuais nas que se desenvolva a actividade. A sinatura dunha lista de control no nome ou no lugar doutro/a alumno/a implica, para a persoa asinante, a súa automática exclusión do curso sen que se lle expida, en ningún caso, o certificado de asistencia, e a penalización de non poder inscribirse nin iniciar ningún outro curso no prazo dun ano a contar dende a data na que se determine a penalización.
Estes criterios non se aplicarán naquelas actividades que, pola súa propia natureza non requiran control de presenza, tales como conferencias e coloquios.
Existen posibles penalizacións aos alumnos?
- A perda do dereito á obtención do diploma de asistencia e, de ser o caso, da opción de realizar o exame de certificación.
- No caso de non existir causa debidamente xustificada, a penalización de non poder inscribirse nin iniciar ningún outro curso no prazo dun ano a contar dende a data na que se determine a penalización.
- O cambio de situación laboral, pasando de desempregada/o a ocupada/o, que se deberá xustificar co contrato laboral onde figure a data de inicio de nova relación laboral.
- O cambio de horario laboral, que se deberá xustificar con comunicación escrita, selada e datada emitida pola empresa, e que deberá ser trasladada ao CNTG na mesma data na que a empresa llo comunica ao traballador.
- Situacións de forza maior debidamente acreditadas que segundo o establecido no artigo 1105 do Código Civil, que esixe que a situación sea IMPREVISIBLE e INEVITABLE, que se deberá xustificar con documentación que acredite a causa e as circunstancias de IMPREVISIBILIDADE e INEVITABILIDADE.
- Na data de comezo do curso ou posterior, a penalización de non poder inscribirse nin iniciar ningún outro curso no prazo dun ano a contar dende a data na que se determine a penalización.
- De xeito previo a data de comezo do curso, nun curso con alumnado en reserva, no que NON se poda cubrir a praza renunciada, a penalización de non poder inscribirse nin iniciar ningún outro curso no prazo dun ano a contar dende a data na que se determine a penalización.
- De xeito previo a data de comezo do curso, nun curso con alumnado en reserva, no que SI se poda cubrir a praza renunciada, suporá a renuncia a cursar o curso e aos dereitos que elo conleva, sen penalización adicional.
- De xeito previo a data de comezo do curso, nun curso sen alumnado en reserva, suporá a renuncia a cursar o curso e aos dereitos que elo conleva, sen penalización adicional.
Que documentación se entrega aos asistentes aos cursos?
En todos os cursos a impartir no CNTG os alumnos recibirán diverso material e documentación relacionada coa materia a tratar que poderá ser en soporte dixital ou de papel. Por tratarse de documentación oficial do fabricante que imparte a formación ou polo carácter novidoso dos contidos a desenvolver, esta documentación poderá estar redactada en inglés en determinadas accións formativas.