FAQ : PREGUNTAS MÁIS COTIÁNS
FAQ: DIPLOMAS E CERTIFICACIÓNS
Como se obtén o diploma acreditativo de asistencia a un curso?
A realización dun curso, previo cumprimento da cota mínima de presenza definida para cada actividade formativa con metodoloxía presencial ou virtual, ou da porcentaxe de superación de tarefas para cada actividade formativa con metodoloxía de teleformación, e a superación do/s módulo/s transversais, permite obter o diploma acreditativo de ter realizado dita formación.
Como se obtén unha certificación profesional?
Para obter unha determinada certificación profesional la persona interesada deberá estar en posesión do diploma acreditativo de ter realizado dita formación no propio CNTG e superar o correspondente exame certificador que, en aquelas convocatorias en las que así se estableza, poderá ser en inglés. O CNTG comunicará ao alumnado con posibilidades de obter dita certificación as datas, horarios e o procedemento a seguir para optar a realizar a proba por unha única vez e de balde, ben nas instalacións do centro, no caso de que esté dispoñible, ou na ubicación e modalidade (presencial, online) indicada pola entidade certificadora.
En todo caso se a obtención dunha certificación profesional inclúe a obrigatoriedade de realizar varios exames, o CNTG da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unicamente asumirá o custo dos indicados na ficha do curso.
Cando se realizan as probas de certificación?
Ben nas instalacións do centro, no caso de que esté dispoñible, ou na ubicación e modalidade (presencial, online) indicada pola entidade certificadora.