AWS re/Start

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    03/11/2026
  • Data fin
    01/04/2027
  • Certificación
  • Examen certificación
    AWS Certified Cloud Practitioner
  • Data prueba selección
    16/10/2026 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Entrevista Persoal
  • Período de rexistro
    01/10/2026 - 15/10/2026
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    Luns, martes, xoves e venres de 08:30 a 14:30 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • AWS
    • Cloud
Descrición

O programa AWS re/Start – Certificación AWS Certified Cloud Practitioner é unha formación intensiva de iniciación dirixida a persoas sen experiencia técnica previa que desexen dar os seus primeiros pasos no sector IT. A través de 420 horas de formación 100 % virtual, o alumnado adquirirá competencias dixitais clave e unha sólida base en computación na nube con Amazon Web Services (AWS), o provedor líder de servizos cloud a nivel mundial.

Durante o curso, traballaranse contidos teórico-prácticos (40 % teoría / 60 % práctica) mediante exercicios, laboratorios e simulacións reais que preparan ao participante para desenvolverse en contornas profesionais cloud. O programa inclúe desde os fundamentos da nube e os servizos AWS, ata Linux, Python, redes, seguridade, bases de datos e deseño de arquitecturas na nube. Así mesmo, refórzanse habilidades transversais en empregabilidade, xestión de proxectos e ferramentas de colaboración.

Ao finalizar a formación, o alumnado estará preparado para presentarse ao exame oficial de certificación AWS Certified Cloud Practitioner, que valida coñecementos esenciais da nube e constitúe un primeiro paso cara a unha carreira profesional no ámbito tecnolóxico.

O curso busca impulsar a empregabilidade no sector IT, ofrecendo ás persoas participantes a oportunidade de acceder a perfís profesionais de alta demanda no mercado laboral actual.

 

Se estás interesado/a no programa, poder asistir a unha das sesións informativas virtuais (de aproximadamente 1 hora de duración) que se desenvolverán de xeito previa ao comienzo do curso. Próximamente anunciarase as datas e horario de ditas sesións.

 

Obxectivos

Formar a persoas sen experiencia técnica previa en competencias dixitais clave, con especialización en computación na nube a través de servizos AWS. O curso busca facilitar a inserción laboral no sector IT, capacitando aos participantes para desenvolverse en contornas profesionais cloud.

Dirigido a

Persoas interesadas, sen necesidade de coñecementos previos ou experiencia profesional, en iniciarse no mundo das solucións cloud nos produtos AWS (Amazon web services).

Perfil do docente

Giacomo Corso Telle: Desarrollador Full Stack con ampla experiencia en desenvolvemento web, administración de sistemas e formación en tecnoloxías dixitais.

José Miguel Quesada Martín: Desarrollador de software especializado en back-end e tecnoloxías cloud, con experiencia como formador en desenvolvemento Full Stack e no programa AWS re/Start.

Cristina Fernández Rodríguez: Licenciada en Psicoloxía, cunha ampla traxectoria en formación para o emprego, orientación laboral e dinamización de competencias transversais.

Temario
  1. Introdución á Nube e Fundamentos de AWS (50 h.)
  2. Linux e sistemas operativos (70 h.)
  3. Programación con Python (80 h.)
  4. Redes e seguridade na nube (60 h.)
  5. Bases de datos (40 h.)
  6. Servizos e arquitectura cloud con AWS (70 h.)
  7. Habilidades transversais e empregabilidade (40 h.)
  8. Evaluación e preparación de certificación (10 h.)
  • Horas
    420
  • Beneficios
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Data fin renuncia
    20/10/2026
  • Data inicio inscripción
    01/10/2026
  • Data fin inscripción
    15/10/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    420
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    95
  • Módulos
    • Módulo igualdade (10 horas)
  • Plazo abierto
    No