Bolsas e axudas

Escoitar

Bolsas e axudas

Guía de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas, exercicios 2026 e 2027

Códigos SICAS dos cursos da programación actual
Denominación Modalidade Horario
XTIFCT2624 - A relación co cliente e a venda de Servizos TIC Presencial Xoves de 09:30 a 14:30 horas.
XTIFCT2528 - Advanced Architecting on AWS - 1ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2634 - Advanced Architecting on AWS - 2ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2609 - AI Empowered Leading SAFe Presencial De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2602 - Android Application Development Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2629 - Apache Spark e procesamento masivo territorial - 2ª edición Virtual Luns 14 e xoves 17 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2635 - Architecting on AWS Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2636 - AWS AI Practitioner Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2637 - AWS Cloud Practitioner Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2603 - AWS re/Start Virtual Luns, martes, xoves e venres de 08:30 a 14:30 horas.
XTIFCT2627 - Casos prácticos de recolección e clientes MQTT - 2ª edición Virtual Martes 8 e xoves 10 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCC2601 - CCNP Enterprise: Advanced Routing (CCNP ENARSI v8) Presencial + virtual + teleformación Horario presencial/virtual: 16:30 a 20:30 horas
Presencial: 24, 25 e 31 de maio; 1, 7, 14, 21, 22, 28 e 29 de xuño.
Virtual: 26 e 27 de maio; 2, 3, 9, 10, 15, 16, 17 e 23 de xuño.
Teleformación: do 28 de maio ao 30 de xuño (horario de referencia de 16:00 a 21:00).
XTIFCT2645 - Cloud Operations on AWS  - 1ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:30 a 21:00 horas e os venres de 16:30 a 20:30 horas (o 19/03 non é lectivo).
XTIFCT2646 - Cloud Operations on AWS  - 2ª Edición Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2647 - Configurar e Administrar Windows Server Hybrid  Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2648 - Curso Cyber Compliance: adecuación ao novo marco normativo da Ciberseguridade Virtual Horario de referencia: de luns a mércores de 16.00 a 20.00 horas (desagregación na ficha).
XTIFCP2602 - Curso de Certificación Agile Analysis Certification (AAC)™ de IIBA® Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e venres de 16:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2649 - Curso de Goberno en Ciberseguridade Virtual De luns a mércores de 16:00 a 20:00 horas. 10 de marzo non hai clase. 17 de marzo de 17:00 a 20:00 horas e 22 de marzo de 18:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2557 - Curso en IA para profesionais de ciberseguridade e privacidade - 1ª Edición Virtual De luns a mércoles de 16:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2650 - Curso en IA para profesionais de Ciberseguridade e Privacidade - 2ª Edición Virtual Horario de referencia: de luns a mércores de 16.00 a 19.00 horas (desagregación na ficha)
XTIFCT2651 - Curso Especialización en Protección de Datos Virtual Horario de referencia: de luns a mércores de 16.00 a 20.00 horas (desagregación na ficha)
XTIFCT2652 - Curso Goberno de Ciberseguridade na Nube Virtual Horario de referencia: de luns a mércores de 16.00 a 20.00 horas (desagregación na ficha)
XTIFCT2653 - Curso NIS2 Coñece e aplica o framework regulatorio de ciberseguridade Virtual 3 e 4 de maio de 16:00 a 19:00 horas, e 10 e 11 de 16:00 a 18:00 horas
XTIFCT2654 - Curso Pentesting e Red Team para la certificación OSCP Virtual De 16:00 a 19:00 horas os días: 11, 12 e 14 de xaneiro; 8, 9 e 11 de febreiro; 29 e 30 de marzo; e 1 e 9 de abril de 2027.
XTIFCT2655 - DASA DevOps Fundamentals Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2516 - Data Engineer on AWS - 1ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2604 - Data Engineer on AWS - 2ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2606 - Developing on AWS Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2621 - Directiva INSPIRE e metadatos xeoespaciais Virtual Luns 7 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCD2607 - Drupal 11 Back-End Development Virtual + teleformación Clases virtuais. Os días indicados a continuación de 16:30 a 20:30 horas: 16, 17, 24, 25, 26 e 30 de novembro, 1 e 2 de decembro, 12, 13, 25, 26 e 27 de xaneiro, e 8 e 9 de febreiro.
XTIFCD2608 - Drupal 11 Front-End Development Virtual + teleformación Clases virtuais. Os días indicados a continuación de 16:30 a 20:30 horas:22, 23, e 24 de febreiro, 1, 2, 15 e 16 de marzo, e 5, 6 e 12 de abril.
XTIFCD2609 - Drupal 11 Migraciones Virtual + teleformación Clases virtuais. Os días indicados a continuación de 16:30 a 20:30 horas: 26, 27 e 28 de abril, 10, 11, 12, 24 e 25 de maio, e 8 y 9 de xuño.
XTIFCD2610 - Drupal 11 Site Building Virtual + teleformación Clases virtuais. Os días indicados a continuación de 16:30 a 20:30 horas: 19, 20 e 21 de outubro, 2, 3, 4, 5, 9 e 10 de novembro, e o 9 de decembro.
XTIFCT2638 - EC-COUNCIL Certified Computer Hacking Forensic Investigator (CHFI) Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e venres de 16:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2639 - EC-COUNCIL Certified Ethical Hacker (CEH) Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas. Venres de 16:00 a 20:00
XTIFCT2630 - Ecosistema FIWARE, Context Broker, Kafka e RabbitMQ - 2ª edición Virtual Martes 15 e mércores 16 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2657 - Formación en Hacking Ético e Certificación Red Team Certified Professional Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas. Días de docencia: marzo do 1 ao 4 e do 15 ao 18. Abril do 5 ao 8 e do 19 ao 22. Maio de 3 ao 6 e do 17 ao 20. Exame de certificación presencial o 2 de xuño de 14:00 a 22:00 horas.
XTIFCT2658 - Formación en Resposta a Incidentes (DFIR) e Análise Forense Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas. Novembro 30, decembro do 1 ao 3 e do 14 al 17. Xaneiro 11, 12 e do 25 ao 28. Febreiro do 8 ao 11. Exame de certificación presencial o 23 de febreiro.
XTIFCT2680 - Fundamentos de Google Cloud - Cloud Digital Leader Virtual De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCP2618 - Fundamentos de ITIL v5 Virtual De luns a xoves de 09:00 a 14:00 horas.
XTIFCT2620 - Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades Virtual Martes 1 e xoves 3 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2632 - Gobernanza do ciclo de vida do dato, roles e responsabilidades - 2ª edición Virtual Martes 22 e xoves 24 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2643 - Google Cloud Architect Profesional Virtual De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2644 - Google Cloud DevOps Engineer Virtual De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2681 - Google Cloud Engineer Associate Virtual De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCD011226 - IFCD0112 - Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais (Grado C de FP) Presencial De luns a vernes de 09:00 a 14:00 horas.
XTIFCD021026 - IFCD0210 - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web (Grado C de FP) Presencial De luns a vernes de 09:00 a 14:00 horas.
XTIFCT021026 - IFCT0210 - Operación de sistemas informáticos (Grado C de FP) Presencial De luns a vernes de 09:00 a 14:00 horas.
XTIFCT051026 - IFCT0510 - Xestión de sistemas informáticos (Grado C de FP) Presencial De luns a vernes de 09:00 a 14:00 horas.
XTIFCT2633 - Interoperabilidade con espazos de datos europeos - 2ª edición Virtual Mércores 23 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2626 - Introdución a Data Lakes e Data Warehouses - 2ª edición Virtual Venres 4 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2640 - ISACA Certified in Risk and Information Systems Control (CRISC) Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2641 - ISACA Certified Information Security Manager (CISM) Virtual De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas. Venres de 16:30 a 18:30
XTIFCT2642 - ISACA Certified Information System Auditor (CISA) Virtual De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas. Venres de 16:30 a 18:30
XTIFCP2517 - ITIL4 Leader: Digital and IT Strategy - 1ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2603 - ITIL4 Leader: Digital and IT Strategy - 2ª edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2604 - ITIL4 Specialist: Create, Deliver and Support Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2605 - ITIL4 Specialist: Drive Stakeholder Value Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2606 - ITIL4 Specialist: High Velocity IT Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2607 - ITIL4 Strategist: Direct, Plan and Improve Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2608 - Kanban Management Professional Presencial De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2659 - Kubernetes Fundamentals Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2661 - LPIC-1 Linux Administrator – 1º Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2660 - LPIC-1 Linux Administrator – 2ª Edición Presencial De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2682 - LPIC-1 Linux Administrator – 3ª Edición Teleformación
XTIFCT2683 - LPIC-2 Linux Engineer – 1ª Edición Teleformación
XTIFCT2663 - LPIC-2 Linux Engineer – 2ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2662 - LPIC-2 Linux Engineer – 3ª Edición Presencial De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2564 - LPIC-3 Enterprise Security - 1ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e venres de 16:30 a 20:30
XTIFCT2664 - LPIC-3 Enterprise Security - 2ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2665 - LPIC-OT Devops Tools Engineer Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCP2610 - Management 3.0 Foundation Workshop Presencial De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2666 - Microsoft Azure Administrator – 1ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2667 - Microsoft Azure Administrator – 2ª Edición Presencial De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas (17 de maio é festivo).
XTIFCT2668 - Microsoft Azure AI Fundamentals Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2518 - Microsoft Azure Data Engineer - 1ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2611 - Microsoft Azure Data Engineer - 2ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCD2612 - Microsoft Azure Developer - 2ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e venres 16:30 a 20:30
XTIFCD2517 - Microsoft Azure Developer – 1ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas e venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2669 - Microsoft Azure Fundamentals Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2533 - Microsoft Azure Solutions Architect Expert - 1ª Edición Virtual De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
Venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2670 - Microsoft Azure Solutions Architect Expert - 2ª Edición Presencial De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas. Venres 16:30 a 20:30
XTIFCT2677 - NSE 4 FortiOS Virtual De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2622 - Palo Alto Firewall Essentials: Configuration and Management - EDU-210 Virtual De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCP2512 - PMI-ACP Agile Certified Practitioner - 1ª Edición Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2611 - PMI-ACP Agile Certified Practitioner - 2ª Edición Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCP2612 - PMP Ed. 7 Project Management Professional – 1º edición Virtual De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCP2613 - PMP Ed. 7 Project Management Professional – 2º edición Presencial De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCT2631 - Principios de visualización masiva e IA aplicada - 2ª edición Virtual Venres 18 e luns 21 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2671 - RedHat Certified System Administrator Rapid Track course Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2541 - RedHat Enterprise Linux Automation with Ansible - 1ª Edición Presencial De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2672 - RedHat Enterprise Linux Automation with Ansible - 2ª Edición Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2673 - RedHat Openshift Administration I Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2674 - RedHat Openshift Administration II Virtual De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2675 - RedHat Openshift Virtualization Presencial De luns a vernes de 16:00 a 20:30 horas. Xoves 18/03 de 16:30 a 20:30.
XTIFCT2628 - Representación territorial e analítica agnóstica - 2ª edición Virtual Mércores 9 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCP2614 - SAFe Lean Portfolio Management (LPM) Presencial De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2656 - SANS FOR508: Advanced Incident Response, Threat Hunting, and Digital Forensics Virtual De luns a sábado de 09:00 a 17:00 horas. O luns comeza ás 8:30 am (Horario de España).
XTIFCT2676 - SANS SEC504: Hacker Tools, Techniques, and Incident Handling Virtual De luns a sábado de 10:00 a 18:00 horas. Luns de 9:30 a 20:15. (Horario de España)
XTIFCP2615 - Scrum Manager Product Owner Presencial De luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
XTIFCT2625 - Sensores, telemetría xenérica e recolección territorial - 2ª edición Virtual Xoves 2 de setembro de 15:00 a 20:00 horas.
XTIFCT2623 - Splunk Core Certified Power User Virtual + teleformación Virtual: 19 a 23 de outubro de 16:00 a 21:00 horas.
Teleformación: 12 a 16 de outubro de 16:00 a 21:00 horas (7 horas de libre disposición).
XTIFCC2602 - Técnico de Soporte Certificado en Ciberseguridade Virtual + teleformación Virtual: 26, 27 e 28 de outubro; 2, 4, 9, 11, 16, 18 e 23 de novembro; de 16:30 a 20:30
Teleformación: de 29 de outubro a 24 de novembro de 16:30 a 21:30 (horario de referencia).
XTIFCC2603 - Técnico de soporte certificado en redes CISCO Virtual + teleformación Virtual: 26 e 30 de novembro; 1, 3, 9, 10, 14, 15, 17 e 21 de decembro; de 16:30 a 20:30 horas
Teleformación: do 27 de novembro ao 18 de decembro de 16:30 a 21:30 horas (horario de referencia)
XTIFCP2616 - Usuario Contabilidade Financieira – 1ª Edición Virtual De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
XTIFCP2617 - Usuario Contabilidade Financieira – 2ª Edición Virtual De luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.

 

ORDE VIXENTE PARA OS CURSOS QUE COMEZAN A PARTIR DE 1 DE NOVEMBRO DE 2025

O procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concesión directa, para a obtención de bolsas e axudas para os exercicios 2025 e 2026 regúlase mediante a Orde do 16 de outubro de 2025 (DOG núm. 210, do 30 de outubro). Mediante esta orde regúlase o réxime de concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código do procedemento TR301V).

Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.

Páxina do Diario Oficial de Galicia:

Información sobre o procedemento

En relación coas bolsas e axudas que se soliciten para as accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, poderán obter información chamando ao teléfono 881 99 78 03 ou consultando o enderezo web https://cntg.xunta.gal/gl/informacion/bolsas-e-axudas

Notas aclaratorias

A información que se recolle nos seguintes puntos é orientativa, polo que as persoas interesadas deberán acceder ao texto orixinal da orde publicado no Diario Oficial de Galicia (enlazado arriba) e coñecer o seu contido antes de presentar a súa correspondente solicitude.

Obxecto (artigo 1 da orde)

A través da dita orde convócanse subvencións, en réxime de concesión directa, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o día 1 de novembro de 2025, día da entrada en vigor desta orde, e o día 31 de outubro de 2026, ámbolos dous incluídos.

Persoas beneficiarias (artigo 3 da orde)

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas recollidas nesta orde as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nela, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.

Terán a condición de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupadas na data de inicio da acción formativa ou, tamén, aquelas que tendo a condición laboral de ocupadas adquiran a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no SPEG con situación laboral como non ocupadas durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

Neste artigo 3 regúlase tamén o resto da casuística daquelas persoas que cambien de situación laboral durante o desenvolvemento do curso, pasando de desempregadas a ocupadas ou viceversa.

A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de maneira que, se deixa de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles dende que se produza tal circunstancia.

Prazo de presentación das solicitudes (artigo 19 da orde)

  • A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende a súa incorporación á acción formativa, ou dende que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
  • A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Forma e lugar de presentación das solicitudes (artigo 15 da orde)

  • No tocante ás persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas impartidas no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e  Cualificación para o Emprego e, para iso, terán que sinalar no cadro correspondente da solicitude do anexo I a opción que corresponda (situado na parte inferior da solicitude).
  • No formulario de solicitude, apartado Datos da acción formativa:
    • NON se cubrirá o campo Código do curso,
    • No campo Denominación do curso, incluirase o texto completo (código - curso) que figura na columna Denominación da táboa Códigos SICAS indicada máis arriba nesta páxina, correspondente ao curso prara o que se solicita a bolsa/axuda.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (o CNTG non é competente para recoller nin para rexistrar as solicitudes).

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O procedemento asociado para realizar a presentación é o "TR301V".

Réxime de concesión das bolsas e axudas (artigo 4 da orde)

As subvencións reguladas nesta orde son compatibles e acumulables entre si coas seguintes excepcións:

  • As bolsas de asistencia para persoas cunha discapacidade recoñecida nun grao igual ou superior ao 33%, así como as destinadas a persoas que formen parte dunha familia monoparental ou numerosa son excluíntes entre si e non se poderán percibir simultánea e acumulativamente.
  • A axuda por transporte público e a axuda por transporte en vehículo propio son incompatibles entes elas.

Nas actividades presenciais, o dereito do alumnado a percibir as bolsas e axudas recollidas nesta orde referirase a cada día de asistencia debidamente acreditada a través dos medios de control de presenza autorizados.

O alumnado que participe en accións formativas impartidas, total ou parcialmente, na modalidade de teleformación ou mediante aula virtual, terá dereito a percibir, sempre que quede debidamente acreditada a súa participación ou asistencia e cumpran cos requisitos necesarios para a súa obtención, as seguintes bolsas e axudas: bolsa de asistencia por discapacidade, bolsa de asistencia por ser membro dunha familia monoparental ou numerosa, axuda por conciliación e axuda a vítimas de violencia de xénero.

Cando a formación se imparta na modalidade de teleformación ou mediante aula virtual, o alumnado terá dereito, de ser o caso, a percibir axudas por transporte, para manutención ou por aloxamento e manutención, naquelas sesións en que a actividade formativa requira a presenza física das persoas alumnas participantes.

Tipos de bolsas e axudas

  • Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:
    • Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33% (art. 5).
    • Membros integrantes dunha familia numerosa (art. 5)
    • Membros integrantes dunha familia monoparental (art. 5)
    • Vítimas de violencia de xénero (art. 6)
  • Axudas por participar na acción formativa:
    • Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio (art. 7)
    • Para manutención (art. 8)
    • Para aloxamento e manutención (art. 8)
    • Para conciliación (art. 9)