- Inicio de sesión: cal é o meu usuario CNTG?
-
Para iniciar sesión como "Usuario CNTG" lembre que o seu usuario é:
- A letra "D" seguida do seu DNI, ex. D12345678Z
- A letra "E" seguida de su NIE ex. EX1234567Z
- Como chegar ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia?
-
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) localízase na rúa Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, de Santiago de Compostela. O edificio situase na zona sur do desenvolvemento urbano de Santiago a carón da igrexa e mosteiro de Santa María de Conxo.
Coordenadas GPS: W 8º 33' 16,35"
N 42º 51' 47,21"Consulte como chegar usando a rede do transporte urbano.
Deberá seleccionar a parada "Rúa de Sánchez Freire (rotonda de Conxo)" no desplegable "Ver las líneas que pasan por la parada".
- Onde se publica a información das actividades e eventos do Centro?
-
A información relativa ás actividades e eventos programados publicarase na páxina web do CNTG. Caso de que teña algunha dúbida ou requira dalgunha información adicional pode poñerse en contacto co persoal do Centro a través dos números de teléfono ou correo electrónico que figuran na sección Contacto da nosa páxina web.
- Que tipo de formación se vai impartir?
-
Será unha formación práctica, intensiva, de calidade, orientada ao mundo laboral e con actualizacións continuas e permanentes a novos produtos e versións O noso obxectivo é formar profesionais cualificados naquelas tecnoloxías con implantación no mercado e coas que o profesional vai interactuar no momento de desenvolver un posto de traballo.
A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais.
- Que diferenza hai entre os cursos en teleformación e os virtuais?
-
Na modalidade de teleformación o/a alumno/a pode seguir a formación no horario que elixa durante as datas nas que figure aberta a plataforma dixital (datas establecidas para a realización do curso).
Na modalidade virtual os cursos realízanse a distancia pero nas datas e no horario establecido, do mesmo xeito que se foran presenciais pero coa diferenza de que a docencia faise en liña e de forma interactiva.
- Son gratuítos os cursos?
-
As actividades formativas do Centro terán carácter gratuíto.