INICIO DE SESIÓN NO SISTEMA
Para iniciar sesión como "Usuario CNTG" lembre que o seu usuario é:
- A letra "D" seguida do seu DNI, ex. D12345678Z
- A letra "E" seguida de su NIE ex. EX1234567Z
BUSCA DE CURSOS
Para localizar un curso pode optar por calquera das seguintes opcións:
-
Buscalo a través da opción Cursos da sección Actividades
Seleccione a opción Cursos da sección Actividades localizada no menú principal da páxina inicial do portal web.
Na cabeceira da nova pantalla dispón dunha serie de filtros de busca que lle permitirán acoutar a relación de cursos sobre os que desexa información.
O sistema ofrécelle a posibilidade de ordenalos cun criterio ascendente ou descendente, pulsando na cabeceira da correspondente columna.
A partir deste momento non ten máis que escoller a acción formativa que lle interese. Unha vez visualizada a súa ficha, poderá moverse a través das pestanas que a integran (datos xerais e temario) para consultar toda a información dispoñible, ou ben descargar o documento tipo pdf dende o marco esquerdo da pantalla.
-
Buscalo a través da sección Tecnoloxías
Seleccione a sección Tecnoloxías localizada no menú da páxina inicial do portal web.
De entre os logos que aparecen, elixa o correspondente á tecnoloxía na que estea interesado/a e pulse na súa imaxe.
Na cabeceira da nova pantalla dispón dunha serie de filtros de busca que lle permitirán acoutar a relación de cursos sobre os que desexa información.
O sistema ofrécelle a posibilidade de ordenalos cun criterio ascendente ou descendente, pulsando na cabeceira da correspondente columna.
A partir deste momento non ten máis que escoller a acción formativa que lle interese. Unha vez visualizada a súa ficha, poderá moverse a través das pestanas que a integran (datos xerais e temario) para consultar toda a información dispoñible, ou ben descargar o documento tipo pdf dende o marco esquerdo da pantalla.
PROCESO DE INSCRICIÓN
Cando un curso teña aberto o seu prazo de inscrición mostrarase, na parte inferior esquerda da ficha do curso, un botón que lle permitirá realizar a súa matrícula.
Lembrámoslle que para inscribirse en calquera curso do CNTG fai falta rexistrarse previamente como como usuario/a do centro.
Cando o proceso de inscrición finalice correctamente, o sistema notificarallo mediante unha mensaxe en pantalla e un correo electrónico.
En calquera momento pode consultar as súas inscricións no apartado de actividades actuais do seu historial.
ANULACIÓN DE INSCRICIÓNS
Vostede pode anular a súa inscrición a un curso (se aínda está en período de matrícula) desde o seu perfil, accedendo ao curso a través das súas Actividades actuais e pulsando no botón Cancelar a inscrición.
Cando o proceso de anulación finalice correctamente, o sistema notificarallo mediante unha mensaxe en pantalla e un correo electrónico.
A anulación rexistrarase no seu historial, no apartado de actividades realizadas.