Drupal 11 Back-End Development

  • Metodoloxía
    Virtual + teleformación
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    16/11/2026
  • Data fin
    21/02/2027
  • Certificación
  • Examen certificación
    Experto Forcontu en Drupal 11 Back-End Development
  • Data prueba selección
    16/10/2026 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/10/2026 - 15/10/2026
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    Clases virtuais. Os días indicados a continuación de 16:30 a 20:30 horas: 16, 17, 24, 25, 26 e 30 de novembro, 1 e 2 de decembro, 12, 13, 25, 26 e 27 de xaneiro, e 8 e 9 de febreiro.
  • Número de prazas
    16
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • Drupal
Descrición

O curso de Drupal 11 Back-End Development, é unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional dos/as seus/suas traballadores/as para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais Web, utilizando Drupal.

Drupal é un Sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.

A través deste curso o alumnado será capaz de desenvolver novas funcionalidades en Drupal que permitan adaptar un sitio web aos requisitos funcionais requiridos. Estará capacitado para afrontar, tanto individualmente como en equipo, o deseño e implementación de sitios web complexos. A capacitación adquirida seralle de gran axuda para mellorar no seu posto de traballo ou mesmo emprender un proxecto propio baseado en tecnoloxías web.

Obxectivos

O obxectivo principal do curso en Drupal 11 Back-End Development é a capacitación do alumnado como desenvolvedores Back-End para o desenvolvemento de módulos personalizados con Drupal 11.
Para chegar a este obxectivo é necesario cumprir estes obxectivos secundarios:
•  Coñecer as principais ferramentas e linguaxes de programación. Drupal 11 require un coñecemento máis amplo de PHP e de programación orientada a obxectos. Ademais, traballaremos con ferramentas de programación que facilitan o traballo do/a desenvolvedor/a e fano máis produtivo.
•  Coñecer a API e estruturas de programación de Drupal 11. É necesario coñecer a API de Drupal 11 e as novas estruturas dispoñibles.
•  Crear módulos desde cero e estender módulos existentes. Ademais de crear módulos desde cero, tamén aprenderemos a estender e modificar funcionalidades achegadas polo núcleo ou por calquera módulo contribuído.
•  Adaptación a cambios na API. O alumnado terá os coñecementos necesarios para adaptarse aos continuos cambios de versión de Drupal 11 e realizar os cambios que se poidan requirir no código dos seus módulos.

Dirigido a

O curso de Drupal 11 Back-End Development vai dirixido a:
•  Desenvolvedores/as con coñecementos de Drupal 11 a nivel de Site Building que desexan profundar na programación de módulos personalizados. Recoméndase cursar primeiro o curso de Drupal 11 Site Building.
•  Calquera persoa que, sen coñecementos de programación previos, desexa reorientar a súa carreira profesional cara á programación e o desenvolvemento de sitios web con Drupal 11.

Perfil do docente

Encargarase de impartir os cursos o profesional Francisco Gil Rodríguez, fundador e director xerente de Forcontu S.L.

https://www.linkedin.com/in/fran-gil/

Temario

Impartirase o seguinte temario durante o curso:
0. Tecnoloxías previas (PHP e MySQL)
1. Contorna de desenvolvemento
2. Instalación de Drupal
3. Arquitectura de Drupal
4. Boas prácticas de desenvolvemento con Drupal
5. Drush
6. Introdución á creación de módulos
7. Encamiñamento e menús
8. Introdución á API de Configuración
9. Bases de datos I: Creación de táboas
10. Bases de datos II: Sentenzas select, insert, update e delete
11. Formularios I: Creación de formularios
12. Formularios II: Elementos de formulario
13. Formularios III: Ampliación de formularios
14. Plugins I: Introdución a plugins e bloques
15. Usuarios e permisos
16. Theming I: Creación de temas e persoais
17. Theming II: Theming en módulos
18. Plugins II: Tipos de plugins e servizos
19. Entidades I: Entidades de configuración
20. Entidades II: Entidades de contido
21. Formatos de texto e filtros
22. Arquivos e imaxes
23. Sistema de procura
24. Tradución de módulos
25. Formularios IV: jQuery e Ajax
26. Programación de actualizacións
27. Programación de vistas
28. Eventos
29. Envío de emails
30. Cache API
31. Programación de tarefas de cron e colas
32. Programación de receitas

  • Horas
    180
  • Beneficios
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Data fin renuncia
    20/10/2026
  • Data inicio inscripción
    01/10/2026
  • Data fin inscripción
    15/10/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    60
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    120
  • Máximo horas de ausencia
    24
  • Módulos
    • Módulo igualdade (10 horas)
  • Plazo abierto
    No