GitHub Foundations

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    23/11/2026
  • Data fin
    27/11/2026
  • Certificación
  • Examen certificación
    GH-900: GitHub Foundations
  • Data prueba selección
    16/10/2026 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/10/2026 - 15/10/2026
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    De luns a vernes de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • Microsoft
    • DevOps
    • Azure
Descrición

GitHub Foundations proporciona unha introdución completa aos conceptos fundamentais, funcionalidades e produtos de GitHub. Ao longo da formación estúdanse os principios do control de versións e Git, a xestión de repositorios, ramas e commits, o fluxo de traballo de GitHub e as principais ferramentas de colaboración.

O curso aborda tamén a xestión de proxectos, as pull requests, issues, discussions e notificacións, así como os fundamentos de seguridade, autenticación, permisos e administración. Introdúcense igualmente as prácticas modernas de desenvolvemento asociadas a GitHub Actions, GitHub Copilot e GitHub Codespaces e os principios de colaboración en proxectos de código aberto e InnerSource.

A formación está orientada á adquisición das competencias necesarias para preparar a certificación oficial GitHub Foundations (GH-900).

Obxectivos
  • Comprender os fundamentos do control de versións e diferenciar Git de GitHub.
  • Manexar os principais conceptos de Git: repositorios, commits, ramas e fusións.
  • Comprender a estrutura e o funcionamento dos repositorios de GitHub.
  • Utilizar o fluxo de GitHub para colaborar en proxectos.
  • Traballar con branches, commits e pull requests.
  • Utilizar issues, discussions, notificacións e outras ferramentas de colaboración.
  • Xestionar proxectos e organizar o traballo mediante as funcionalidades de GitHub.
  • Coñecer as principais prácticas modernas de desenvolvemento dispoñibles en GitHub.
  • Comprender o propósito de GitHub Actions, GitHub Copilot e GitHub Codespaces.
  • Coñecer os fundamentos de autenticación, autorización, permisos, privacidade e seguridade en GitHub.
  • Comprender os modelos de organizacións e administración de GitHub.
  • Aplicar boas prácticas para manter repositorios seguros.
  • Comprender os principios de colaboración en proxectos de código aberto e InnerSource.
  • Preparar as competencias avaliadas no exame oficial GH-900.
Dirigido a
  • Persoas que queiran iniciarse no uso de Git e GitHub.
  • Desenvolvedores e desenvolvedoras que necesiten coñecer os fundamentos da plataforma GitHub.
  • Profesionais de sistemas, administración e DevOps que traballen con repositorios e equipos de desenvolvemento.
  • Profesionais non desenvolvedores que utilicen GitHub para colaborar, documentar ou xestionar proxectos.
  • Persoas interesadas en preparar a certificación oficial GitHub Foundations GH-900.
Perfil do docente

Microsoft Certified Trainer con experiencia acreditada en desenvolvemento de software, control de versións con Git e utilización e administración de GitHub, con dominio da xestión de repositorios, fluxos de colaboración, pull requests, xestión de proxectos e fundamentos de seguridade e administración da plataforma.

Temario

Módulo 1: Fundamentos do control de versións
Módulo 2: Introdución a GitHub
Módulo 3: Produtos e ferramentas de GitHub
Módulo 4: Traballo con repositorios
Módulo 5: Colaboración con GitHub
Módulo 6: Xestión de cambios mediante pull requests
Módulo 7: Busca e organización do historial
Módulo 8: Xestión de proxectos
Módulo 9: Prácticas modernas de desenvolvemento
Módulo 10: Seguridade e mantemento de repositorios
Módulo 11: Administración, autenticación e autorización
Módulo 12: Comunidade e código aberto
Módulo 13: InnerSource
Módulo 14: Introdución práctica a GitHub Copilot
Módulo 15: Preparación para a certificación GH-900

  • Horas
    25
  • Beneficios
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Data fin renuncia
    20/10/2026
  • Data inicio inscripción
    01/10/2026
  • Data fin inscripción
    15/10/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    0
  • Horas presenciales
    25
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    3
  • Módulos
    • Módulo igualdade (5 horas)
  • Plazo abierto
    No