Automate your workflow with GitHub Actions

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    08/02/2027
  • Data fin
    12/02/2027
  • Certificación
  • Examen certificación
    GH-200: GitHub Actions
  • Data prueba selección
    16/01/2027 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/01/2027 - 15/01/2027
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    De luns a vernes de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • Microsoft
    • DevOps
    • Azure
Descrición

GitHub Actions permite automatizar procesos asociados ao ciclo de vida do desenvolvemento de software directamente desde os repositorios de GitHub.

Este curso proporciona os coñecementos necesarios para deseñar, crear, executar, manter e resolver problemas en workflows de GitHub Actions. Estúdanse os eventos e desencadeadores, jobs, steps, runners, variables, segredos, artefactos, reutilización de compoñentes e estratexias de integración e entrega continuas.

A formación aborda tamén a creación e publicación de accións personalizadas, GitHub Packages, a integración con servizos externos, a administración de GitHub Actions en organizacións e empresas e as medidas necesarias para protexer e optimizar a automatización.

O curso está orientado á preparación da certificación oficial GitHub Actions (GH-200).

Obxectivos
  • Comprender a arquitectura e os compoñentes fundamentais de GitHub Actions.
  • Deseñar e crear workflows para automatizar tarefas de desenvolvemento.
  • Configurar eventos e desencadeadores de workflows.
  • Traballar con jobs, steps, expresións e lóxica condicional.
  • Utilizar variables, contextos, segredos e permisos de maneira axeitada.
  • Crear workflows de integración continua.
  • Automatizar procesos de construción, probas e despregamento.
  • Xestionar e resolver problemas en workflows.
  • Utilizar artefactos e mecanismos de caché.
  • Crear workflows reutilizables e compoñentes compartidos.
  • Utilizar GitHub Script para interactuar coa API de GitHub.
  • Utilizar GitHub Packages para publicar paquetes e imaxes.
  • Crear, versionar, manter e publicar accións personalizadas.
  • Configurar e administrar runners aloxados e autoaloxados.
  • Xestionar GitHub Actions a escala de organización e empresa.
  • Aplicar medidas de seguridade e optimización aos procesos automatizados.
  • Preparar as competencias avaliadas no exame oficial GH-200.
Dirigido a
  • Desenvolvedores e desenvolvedoras que queiran automatizar procesos de construción, probas e despregamento.
  • Profesionais DevOps responsables de fluxos de integración e entrega continuas.
  • Administradores de GitHub que necesiten xestionar GitHub Actions en organizacións ou empresas.
  • Profesionais técnicos con experiencia en repositorios GitHub e conceptos de CI/CD.
  • Persoas interesadas en preparar a certificación oficial GitHub Actions GH-200.
Perfil do docente

Microsoft Certified Trainer con experiencia acreditada en desenvolvemento de software, GitHub e prácticas DevOps, especialmente en automatización mediante GitHub Actions e deseño de procesos CI/CD. Deberá dispoñer de coñecementos en creación e mantemento de workflows e accións, runners, seguridade, GitHub Packages, integración con servizos externos e administración de GitHub Actions en organizacións.

Temario

Módulo 1: Introdución a GitHub Actions
Módulo 2: Creación e administración de workflows
Módulo 3: Variables, contextos e segredos
Módulo 4: Integración continua con GitHub Actions
Módulo 5: Artefactos e resultados de workflows
Módulo 6: Entrega e despregamento continuos
Módulo 7: GitHub Script
Módulo 8: Workflows reutilizables
Módulo 9: GitHub Packages
Módulo 10: Creación de accións personalizadas
Módulo 11: Publicación e mantemento de accións
Módulo 12: Runners
Módulo 13: Administración empresarial de GitHub Actions
Módulo 14: Seguridade de GitHub Actions
Módulo 15: Optimización e resolución de problemas
Módulo 16: Preparación para a certificación GH-200

  • Horas
    20
  • Beneficios
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Data fin renuncia
    20/01/2027
  • Data inicio inscripción
    01/01/2027
  • Data fin inscripción
    15/01/2027
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    20
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    3
  • Módulos
    • Módulo igualdade (5 horas)
  • Plazo abierto
    No