Management 3.0 Foundation Workshop

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    14/12/2026
  • Data fin
    17/12/2026
  • Certificación
  • Examen certificación
    Management 3.0 Foundation
  • Data prueba selección
    16/11/2026 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/11/2026 - 15/11/2026
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • Scrum Manager
    • SAFe
Descrición

Management 3.0 é un innovador modelo para xestionar equipos e empresas desde unha perspectiva áxil. Os cursos oficiais de Management 3.0 son unha das iniciativas sobre xestión do cambio e liderado máis estendidas a nivel mundial. Inspíranse no libro homónimo de Jurgen Apello, unha das publicacións mundiais máis vendidas en Amazon no apartado da axilidade.

A través de prácticas concretas facilitadas por un profesor licensed trainer por Management 3.0, o curso ensina a aplicar os principios Agile para conseguir equipos e empresas máis produtivas a través dun novo modelo de xestión e liderado.

O propósito do programa é proporcionar as/aos participantes unha visión completa sobre Management 3.0 e coñecer as súas principais dinámicas, xogos e ferramentas.

O enfoque é eminentemente práctico e participativo, potenciando o traballo en grupo e a discusión (learning by doing) para conseguir que o curso sexa útil e unha experiencia agradable e positiva para todos os/as participantes.

O programa estrutúrase en módulos, de maneira que cada módulo desenvolve un tema específico de forma práctica e completa e os sucesivos módulos compoñen un percorrido completo ao redor de Martie.

O curso realízase de forma presencial. Concibimos o curso como unha viaxe e unha experiencia completa. Trátase de fomentar o cambio introducindo a xestación dunha nova perspectiva para conseguir mover o punto de vista. Para iso é necesario estimular todas as canles sensoriais e cognitivos (visuais, auditivos, racionais, irracionais) que estimulen a comprensión.

Obxectivos
  • As características principais do liderado en contornas de escalado áxil. As oito diferencias fundamentais co liderado clásico
  • Como desenvolver unha mentalidade de crecemento fronte á mentalidade fixa e as claves do liderado participativo. A importancia de superar o pensamento reduccionista e maneiras de facelo
  • Como desenvolver unha visión sistémica. Que facer cando o todo é máis que a suma das partes? Como utilizar o modelo de Sistemas Adaptativos Complexos (CAS)? Utilizar as 10 regras para lidar coa complexidade. Por que e como aliñar restricións? Valores e cultura. Significado e propósito
  • Como despregar a motivación intrínseca. Como mellorar a motivación e o compromiso das persoas? A importancia da felicidade no traballo e maneiras de mellorala
  • Como fomentar decisións descentralizadas. Por que delegar e como facelo de forma efectiva? Como empoderar equipos?
  • Como axudar a crecer a outras/os. A importancia da diversidade nos equipos. Diferentes maneiras de desenvolver competencias individuais e grupais. Como balancear as competencias dun equipo?
  • Como organizar en torno ao valor. Xerarquías e redes. Maneiras de equilibrar o deseño organizacional. A importancia das unidades de valor e os perfís en T
  • Como liderar o cambio. Liderar o cambio vs xestionar o cambio. Cales son as catro pancas para manexar o cambio?
  • Como crear unha cultura de mellora continua. A importancia de despregar unha actitude contaxiosa. A retrospectiva como peza crave. Que vou facer eu co aprendido neste curso?
Dirigido a
  • Profesionais con necesidade de mellorar o seu estilo de xestión e participación, orientándoo máis ao crecemento, a mellora dos seus equipos e compañeiras/os de traballo e ao desenvolvemento das persoas.
  • Directoras/es, xerentes, xefas/es, lideresas/es, agile coaches, scrum masters, product owners, facilitadoras/es do cambio.
  • Profesionais que lideran ou deben liderar o cambio cultural da organización en iniciativas de transformación áxil / transformación dixital.
  • Responsables de recursos humanos, interesadas/os en novas formas de atraer e desenvolver profesionais con talento
Perfil do docente
  • Facilitador de Management 3.0.
  • Desempeña o rol de coach de transformación corporativa para distintas grandes organizacións, é socio cofundador de Adaptango e impulsa unha comunidade aberta para novas xestións
Temario

Benvida e Introdución ao taller
Expectativas dos participantes. Valores e Golden Rules durante o curso

Management e liderado
Que é o Management?
En que consiste Management 1.0 e 2.0?
Que é Management 3.0?
O liderado en contornas distribuídas
Dinámica de historias de xestión

Principios e prácticas de Management 3.0
Os cinco principios de Management 3.0
As seis vistas do Manager
Dinámica: os meus retos na miña empresa

A felicidade no traballo
Relación entre felicidade e rendemento
Maneiras de medir a felicidade no traballo
Como podemos mellorar a felicidade no traballo
Dinámica: Melly Shum

Enerxizar persoas
Como mellorar a motivación e o compromiso nas persoas
A motivación extrínseca
O Modelo de Moving Motivators
Dinámica Moving Motivators

Empoderar equipos.
Por que delegar?
Como delegar de maneira efectiva.
Niveis de delegación
O Delegation Board
Dinámica Delegation Poker

Equipos e Diversidade
Dimensións de diversidade
Igualdade de xénero
Conclusións do día
Dinámica Happiness Door

Pensamento complexo
Que é un Sistema Adaptativo Complexos (CAS). Exemplos
10 regras para lidar coa complexidade
Dinámica: os meus erros de reduccionismo

Aliñar restricións
A porta para saír do micromanagement.
Valores e cultura. Significado e propósito
Dinámica Historias de Participación

Escalar a estrutura
Xerarquías e redes
Maneiras de equilibrar un deseño organizacional
A importancia das unidades de valor e dos perfís en T. Recursos útiles: comunidades de práctica, asignacións abertas, regras locais etc.
Dinámica Medlers

Desenvolver competencias
Maneiras de desenvolver as competencias individuais e grupais. Niveis de competencias
Balancear as competencias dun equipo
Dinámica: matriz de competencias

Change Management
As catro pancas para xestionar o cambio
Bailar co sistema
Ocuparse das persoas
Estimular a rede
Cambiar a contorna
Dinámica Xogo da Xestión do Cambio

Melloralo todo
Retrospectiva e mellora continua
Que vai facer cada un co aprendido no curso?
Como vai integrar cada participante o aprendido co seu día a día?
Dinámica Estrela de Mar

Conclusións e peche do taller
Valoración do curso
Certificación
Canle para dúbidas despois do curso

  • Horas
    20
  • Beneficios
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Data fin renuncia
    20/11/2026
  • Data inicio inscripción
    01/11/2026
  • Data fin inscripción
    15/11/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    0
  • Horas presenciales
    20
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    3
  • Módulos
    • Módulo igualdade (5 horas)
  • Plazo abierto
    No