-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio18/01/2027
-
Data fin08/02/2027
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónP2W - SAP Contabilidad Financiera User
-
Data prueba selección16/12/2026 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/12/2026 - 15/12/2026
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a venres de 16:00 a 21:00 horas.
-
Número de prazas17
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- SAP
O curso Usuario Contabilidade Financeira incluirá os módulos formativos oficiais de SAP seguintes:
- Business Processes in Financial Accounting in SAP S/4HANA
- Accounting in SAP S/4HANA
O contido do curso abarcará de forma integral todos os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para que os/as participantes estean en condicións de afrontar con éxito o exame de certificación oficial P2W - Contabilidade Financeira User
O alumnado que complete con aproveitamento os cursos impartidos, conforme aos criterios de avaliación establecidos polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), terá dereito a presentarse aos exames oficiais de certificación correspondentes.
Posteriormente á finalización do curso, impartiranse 2 sesións adicionais de Preparación ao exame de certificación: 9 e 10 de febreiro del 2027.
Disporase de horario de titoría grupal e individual, os luns, martes e venres de 9 a 11 horas.
O material de estudo que se entregará ao alumnado será o oficial de SAP, garantindo así a calidade e adecuación aos contidos formativos.
Ademais, garantirase ao alumnado o acceso a SAP Learning Hub durante un período mínimo de 12 meses desde o inicio da impartición da formación. Este acceso permitirá aos participantes dispoñer de recursos dixitais actualizados, exercicios prácticos, e ferramentas interactivas que reforcen a súa aprendizaxe e preparación para a certificación.
Business Processes in Financial Accounting in SAP S/4HANA
O obxectivo primordial é executar os procesos e tarefas comerciais fundamentais relacionados coa contabilidade financeira en SAP S / 4HANA
Accounting in SAP S/4HANA
O obxectivo é prepara ao alumnado para:
- Configurar a contabilidade de activos fixos
- Xestionar datos mestres de activos
- Realizar transaccións diarias de activos
- Realizar transaccións periódicas de activos
- Transferencia manual de datos herdados para activos
Preferentemente aos/as profesionais do sector TIC galego.
O docente cumpre coas seguintes prescricións mínimas establecidas por SAP para a impartición dos módulos formativos detallados nesta proposta:
- Titulación universitaria ou Ciclo Formativo de Grao Superior, na súa falta, capacitación profesional equivalente na especialización relacionada co curso. O formador deberá estar homologado como instrutor na correspondente tecnoloxía específica do fabricante e contar con todas as certificacións da especialidade para impartir vixentes e actualizadas.
- Polo menos doce meses de experiencia profesional na especialidade obxecto, excluíndo a experiencia docente
- Dispoñer de experiencia metodolóxica ou experiencia docente contrastada de 500 horas de formación en especialidades relacionadas coa especialidade para impartir.
BUSINESS PROCESSES IN FINANCIAL ACCOUNTING IN SAP S/4HANA
Temario: Contidos teóricos/prácticos:
- Capítulo 1: Visión xeral de SAP S/4HANA
- Capítulo 2: Resumo de Financial Accounting (FI) en S/4HANA
- Capítulo 3: Contabilidade de libro maior
- Capítulo 4: Contabilidade de acredores
- Capítulo 5: Contabilidade de debedores
- Capítulo 6: Contabilidade de activos
- Capítulo 7: Contabilidade bancaria
- Capítulo 8: Operacións de peche na Contabilidade de libro maior
ASSET ACCOUNTING IN SAP S/4HANA
Temario: Contidos teóricos prácticos:
- Capítulo 1: Estruturas organizativas
- Capítulo 2: Datos mestres
- Capítulo 3: Movementos de activos fixos
- Capítulo 4: Valoración e operacións periódicas
- Capítulo 5: Informes en Contabilidade de activos fixos
- Capítulo 6: Transferencia de datos antigos
-
Horas80
-
Beneficios
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
-
Data fin renuncia20/12/2026
-
Data inicio inscripción01/12/2026
-
Data fin inscripción15/12/2026
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia80
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia12
-
Módulos
- Módulo igualdade (10 horas)
-
Plazo abiertoNo