-
MetodoloxíaPresencial
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio07/06/2027
-
Data fin10/06/2027
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónScrum Manager Advanced Scrum Master
-
Data prueba selección16/05/2027 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/05/2027 - 15/05/2027
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a xoves de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas20
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- Scrum Manager
O curso Advanced Scrum Master está dirixido a profesionais con experiencia en Scrum que queiran afondar na mellora continua de equipos e organizacións e avanzar no desempeño do rol de Scrum Master en contextos de maior complexidade.
Ao longo da formación traballarase na avaliación do nivel de madurez dos equipos Scrum, na identificación e tratamento de antipatrones, na aplicación de métricas avanzadas e no seu aliñamento cos obxectivos estratéxicos da organización.
O curso aborda tamén técnicas avanzadas de facilitación e resolución de impedimentos, proporcionando ferramentas para xestionar conflitos, facilitar a toma de decisións e mellorar a colaboración dentro de equipos e organizacións.
Trátase dunha formación práctica e participativa na que se combinan conceptos, dinámicas, exercicios, análise de casos e técnicas específicas orientadas a preparar o Scrum Master fronte aos retos habituais de contornas áxiles esixentes.
Ao finalizar a formación, as persoas participantes serán capaces de:
- Comprender e consolidar os fundamentos de Scrum.
- Comprender o propósito dos principais eventos Scrum: Sprint, Daily Scrum, Sprint Review e Sprint Retrospective.
- Comprender o propósito e utilización de Product Backlog, Sprint Backlog e Incremento.
- Interpretar correctamente a distribución de roles e responsabilidades nun equipo Scrum.
- Favorecer o traballo en equipo e a autoorganización.
- Aplicar principios de inspección, adaptación e mellora continua.
- Avaliar o nivel de madurez dun equipo Scrum mediante ferramentas cualitativas e cuantitativas.
- Identificar fortalezas e áreas de mellora en equipos áxiles.
- Detectar antipatrones relacionados con roles, eventos e artefactos.
- Analizar o impacto dos antipatrones sobre a entrega de valor e o fluxo de traballo.
- Utilizar métricas avanzadas de fluxo, calidade e produtividade.
- Evitar interpretacións incorrectas ou usos inadecuados das métricas.
- Aliñar as métricas áxiles con obxectivos estratéxicos de negocio.
- Aplicar técnicas avanzadas de facilitación para mellorar a colaboración e a toma de decisións.
- Facilitar a resolución de conflitos e impedimentos complexos.
- Utilizar Liberating Structures e outras dinámicas de facilitación avanzada.
- Preparar os coñecementos necesarios para a certificación Scrum Manager Advanced Scrum Master.
- Profesionais que realicen funcións de acompañamento e coaching de equipos.
- Profesionais implicados en procesos de adopción de Scrum e transformación áxil.
- Scrum Masters que queiran afondar e ampliar as súas competencias.
- Persoas que aspiren a desempeñar o rol de Scrum Master.
- Xefes e xefas de proxecto que queiran comprender en profundidade o impacto de Scrum sobre a xestión de proxectos.
- Product Owners.
- Desenvolvedores e desenvolvedoras que queiran ampliar os seus coñecementos sobre Scrum.
- Técnicos e profesionais interesados en afondar na axilidade e na correcta aplicación de Scrum.
Trainer acreditado por Scrum Manager para esta especialidade.
Módulo 1: Diagnóstico da madurez de equipos Scrum
Módulo 2: Antipatrones na implementación de Scrum
Módulo 3: Métricas avanzadas en Scrum
Módulo 4: Facilitación avanzada e resolución de impedimentos complexos
-
Horas16
-
Beneficios
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
-
Data fin renuncia03/06/2027
-
Data inicio inscripción01/05/2027
-
Data fin inscripción15/05/2027
-
Horas distancia0
-
Horas presenciales16
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia2 horas e 24 minutos
-
Módulos
- Módulo igualdade (5 horas)
-
Plazo abiertoNo