DASA DevOps Fundamentals

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    25/01/2027
  • Data fin
    29/01/2027
  • Certificación
  • Examen certificación
    DASA DevOps Fundamentals
  • Data prueba selección
    16/12/2026 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/12/2026 - 15/12/2026
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • DevOps
    • DASA
Descrición

A Certificación DevOps Fundamentals está deseñada para proporcionar a educación básica necesaria para desenvolver o seu vocabulario DevOps e comprender os seus principios e prácticas. Coa axuda de conceptos e terminoloxía crave de DevOps, casos de estudos da vida real, 
exemplos e exercicios extensos en cada módulo, o alumnado adquirirá unha comprensión fundamental de DevOps. 
Ao finalizar o curso, as persoas que superen o curso realizarán o exame de certificación oficial para a consecución da certificación DevOps Fundamentals. Considerarase superado o curso cando o grao de asistencia e aproveitamento do alumnado ao curso sexa superior ao 
esixido polo CNTG.
O alumnado obterá a Certificación DevOps Fundamentals de DASA ao pasar o exame correspondente. Esta certificación recoñece #ante empresas e organismos internacionais aos profesionais que controlan os fundamentos desta metodoloxía de traballo. 
Unha vez finalizado o curso e superado o exame de certificación o alumno obterá un diploma acreditativo de recibir a formación, emitido por EIGP como Training Partners de DASA. O documento certificará que recibiron a formación oficial preparatoria. 

Obxectivos

Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de:

  • Comprender a filosofía DevOps e o seu impacto na cultura organizacional.
  • Identificar os principios crave de colaboración, automatización, medición e mellora continua.
  • Recoñecer os roles e responsabilidades dentro dunha contorna DevOps.
  • Aplicar boas prácticas para fomentar a integración entre desenvolvemento e operacións.
  • Valorar a importancia do cambio cultural cara á entrega continua e a aprendizaxe constante.
  • Prepararse para superar con éxito o exame oficial de certificación DASA DevOps Fundamentals.
Dirigido a
  • Persoas en transición de roles tradicionais de operacións ou desenvolvemento cara a perfís máis integradores. 
  • Persoas interesadas en aprender como funciona a tecnoloxía detrás das aplicacións modernas, a automatización e a mellora de procesos. 
  • Estudantes de últimos anos de Enxeñería Informática, Sistemas, Telecomunicacións ou outras carreiras afíns. 
  • Profesionais de TI, desenvolvedores/as de software, administradores/as de sistemas ou técnicos/as que desexen ampliar o seu coñecemento cara á cultura e ferramentas DevOps. 
Perfil do docente

Profesional de ampla traxectoria no sector das tecnoloxías da información, con 29 anos de experiencia desempeñando cargos como enxeñeiro de software e sistemas e director de TI. Durante máis dunha década, centrou a súa actividade profesional na consultoría e na formación especializada en xestión, goberno e transformación de TI.
 
Conta cunha dilatada experiencia como consultor e instrutor certificado, tendo formado milleiros de profesionais para a obtención de certificacións oficiais e o dominio de marcos de traballo recoñecidos internacionalmente, como DASA DevOps, ITIL®, PRINCE2® e TOGAF®.
 
A súa traxectoria combina unha sólida base técnica e de xestión cunha ampla experiencia docente, o que lle permite ofrecer unha perspectiva práctica e orientada á aplicación real de DevOps e das mellores prácticas de xestión de TI en ámbitos profesionais.

Temario

1. Introdución
Concepto e orixe de DevOps. Contexto histórico e evolución desde os enfoques tradicionais de desenvolvemento e 
operacións. Beneficios e obxectivos do modelo DevOps.

2. Agile
Relación entre Agile, Lean e DevOps. Principios e valores áxiles aplicados ao ciclo de vida do software. Como DevOps 
amplía e complementa as metodoloxías áxiles.

3. Marco DevOps
Visión xeral do marco DASA DevOps. Compoñentes esenciais: Cultura, Organización, Procesos e Automatización 
(CAMS). O ciclo de entrega continua e a integración de equipos.

4. Cultura
Cambio cultural e mentalidade colaborativa. Fomento da comunicación, a confianza e a responsabilidade 
compartida. Superación de silos e resistencia ao cambio.

5. Organización
Roles, responsabilidades e estrutura de equipos DevOps. Traballo multifuncional, liderado distribuído e 
empoderamento do persoal.

6. Procesos
Xestión do ciclo de vida do servizo. Integración continua (CI), entrega continua (CD) e despregamento continuo. 
Fluxo de valor, retroalimentación e mellora do proceso.

7. Automatización
Automatización da infraestrutura, despregamento e probas. Ferramentas e prácticas clave (CI/CD, IaC, 
monitorización e orquestración). Beneficios e desafíos da automatización.

8. Medición e mellora
Definición e seguimento de métricas e KPIs. Avaliación do rendemento e aprendizaxe continuo. Implementación dunha
 cultura de mellora constante.

9. DevOps para individuos
Competencias profesionais e habilidades necesarias en contornas DevOps. Desenvolvemento persoal, colaboración e 
liderado áxil.

10. DevOps para organizacións
Adopción do modelo DevOps a nivel empresarial. Estratexias de implementación, madurez organizacional e 
xestión do cambio. Casos de éxito e mellores prácticas.

11. Xerais
Sínteses dos conceptos fundamentais de DevOps. Revisión final e preparación para o exame oficial DASA 

DevOps Fundamentals.

  • Horas
    20
  • Beneficios
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Data fin renuncia
    20/12/2026
  • Data inicio inscripción
    01/12/2026
  • Data fin inscripción
    15/12/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    0
  • Horas presenciales
    20
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    3
  • Módulos
    • Módulo igualdade (5 horas)
  • Plazo abierto
    No