LPIC-OT Devops Tools Engineer

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Curso
  • Tipo de edición
    Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
  • Data inicio
    26/04/2027
  • Data fin
    19/05/2027
  • Certificación
  • Examen certificación
    LPI-701-200
  • Data prueba selección
    16/03/2027 00:00:00
  • Criterio de selección
    • Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
  • Período de rexistro
    01/03/2027 - 15/03/2027
  • Matrícula
    Gratuíta
  • Horario
    De luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Número de inscritos
    0
  • Tecnoloxías
    • LPI
Descrición

Este curso oficial prepara ao alumnado para superar o exame DevOps Tools Engineer (701) do Linux Professional Institute (LPI), proporcionando unha visión completa e actualizada das prácticas, ferramentas e procesos que definen o enfoque DevOps en contornas profesionais.

Ao longo da formación abórdanse os principios fundamentais da cultura DevOps, así como a súa aplicación práctica mediante o uso de ferramentas modernas de automatización, integración e entrega continua (CI/CD), xestión de código fonte, contedores e orquestración con Kubernetes. Ademais, introdúcense conceptos clave relacionados coa infraestrutura como código, a monitorización e observabilidad de sistemas, e a xestión de contornas distribuídas.

O curso combina a preparación específica para a certificación oficial cunha orientación práctica cara a escenarios reais, permitindo ao alumnado comprender como deseñar, implementar e manter pipelines de despregamento automatizado, así como xestionar aplicacións modernas en contornas cloud e contenerizados.

Obxectivos

Ao finalizar o curso, serás capaz de:

  • Comprender os principios e fundamentos da cultura DevOps, así como o seu impacto nos procesos de desenvolvemento e operación de software.
  • Xestionar código fonte utilizando sistemas de control de versións distribuídos e aplicar estratexias de branching adecuadas.
  • Deseñar e implementar pipelines de integración e entrega continua (CI/CD), automatizando procesos de construción, proba e despregamento de aplicacións.
  • Utilizar tecnoloxías de contenedorización para empaquetar e distribuír aplicacións de forma eficiente.
  • Comprender e traballar con ferramentas de orquestración de contedores, especialmente Kubernetes, para xestionar aplicacións en contornas distribuídas.
  • Aplicar conceptos básicos de infraestrutura como código (IaC) para a provisión e xestión automatizada de recursos.
  • Monitorizar aplicacións e sistemas mediante ferramentas de observabilidad, interpretando métricas e logs para garantir o seu correcto funcionamento.
  • Identificar boas prácticas de seguridade dentro do ciclo DevOps (DevSecOps) e a súa integración en pipelines automatizados.
  • Comprender o funcionamento de arquitecturas modernas baseadas en servizos e o seu despregamento en contornas cloud.
Dirigido a

O curso está dirixido a administradores/as de sistemas, desenvolvedores/as e enxeñeiros/as DevOps que desexen profundar na automatización, integración continua e despregue en contornos Linux.
O perfil ideal inclúe profesionais con experiencia básica en administración de sistemas e desenvolvemento, familiarizados coa liña de comandos de Linux, redes e contornos de virtualización ou contedores.
É especialmente axeitado para quen traballa en equipos de desenvolvemento, operacións ou infraestrutura, e busca mellorar a eficiencia, escalabilidade e fiabilidade dos seus procesos de entrega de software.
Recoméndase contar con coñecementos equivalentes a LPIC-1 ou experiencia profesional similar en contornos Linux.

Perfil do docente

Instrutor acreditado por LPI para a impartición do curso LPIC-OT Devops Tools Engineer 

Temario

Módulo 1: Enxeñería de software

Módulo 2: Contedor de Aplicacións

Módulo 3: Kubernetes

Módulo 4: Seguridade e observabilidade

  • Horas
    70
  • Beneficios
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
    • Diploma de asistencia
  • Data fin renuncia
    20/03/2027
  • Data inicio inscripción
    01/03/2027
  • Data fin inscripción
    15/03/2027
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    70
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    11
  • Módulos
    • Módulo igualdade (10 horas)
  • Plazo abierto
    No