-
MetodoloxíaPresencial
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio05/04/2027
-
Data fin30/04/2027
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónRed Hat Certified System Administration Exam (EX200)
-
Data prueba selección16/03/2027 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/03/2027 - 15/03/2027
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas16
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- Red Hat
- Linux
Con esta formación o alumnado alcanzará un nivel de coñecementos e práctica que lles permitirá instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede existente. O alumnado converterase nunha/nun usuaria/o avanzada/o de Red Hat Enterprise Linux v.9, con habilidades para administrar os sistemas Linux:
- A configuración e a xestión do almacenament
- A instalación e a implementación de RHE
- A xestión das funcións de seguridade como SELinu
- O control das tarefas frecuentes do sistema
- A xestión do proceso de arranque e a resolución de problemas
- A configuración básica do sistema
- A produtividade e a automatización da liña de comandos
O presente curso prepara ás/aos asistentes para a superación do exame de certificación Red Hat Certified System Administration (EX200).
- Adquirir coñecementos avanzados de UNIX e Linux, ata finalizar desenvolvéndose como especialistas en redes e administradores de sistemas
- Alcanzar un nivel de coñecementos e práctica que permitirá instalar e configurar unha estación de traballo nunha rede existente
- Saber utilizar os comandos e aplicacións básicas para realizar, personalizar e automatizar certas tarefas de administración de sistemas
O presente curso foi deseñado para usuarios/as con coñecementos previos no sistema operativo Linux, se é posible na súa distribución Red Hat Linux.
Este curso é indicado para aqueles perfís profesionais IT con coñecementos e experiencia mínimos na administración de sistemas operativos Linux, interesados en adquirir os coñecementos necesarios para converterse en especialistas na administración profesional de redes e sistemas operativos Red Hat Linux en contornas corporativas.
Certificado oficial de enxeñeira/o Red Hat (RHCE), certificado oficial de instrutora/or (RHCi) e certificado oficial de examinadora/or (RHCX). Formadora/or do equipo de Edustance S.L., empresa especializada en formación TI para empresas, tanto en formato presencial como en formato virtual. Edustance ostenta a figura de Red Hat Certified Training Partner.
1. Acceso a sistemas e obtención soporte
2. Navegar por sistemas de arquivos
3. Administración de usuarios e grupos locais
4. Control de acceso aos arquivos
5. Administración de seguridade de SELinux
6. Axuste do rendemento do sistema
7. Instalación e actualización de paquetes de software
8. Administración de almacenamento básico
9. Control de servizos e do proceso de arranque
10. Administración de redes
11. Análise e almacenamento de rexistros
12. Implementación de funcións avanzadas de almacenamento
13. Programación de tarefas futuras
14. Acceso ao almacenamento conectado á rede
15. Administración da seguridade de redes
16. Execución de contedores
-
Horas80
-
Beneficios
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
-
Data fin renuncia20/03/2027
-
Data inicio inscripción01/03/2027
-
Data fin inscripción15/03/2027
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia0
-
Horas presenciales80
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia12
-
Módulos
- Módulo igualdade (10 horas)
-
Plazo abiertoNo