Xornada de Certificación Nutanix: Multi Cloud Infrastructure

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    08/10/2026
  • Data fin
    08/10/2026
  • Certificación
  • Examen certificación
    Nutanix Certified Professional - Multi Cloud Infrastructure (NCP-MCI 7.5)
  • Período de rexistro
    01/09/2026 - 07/10/2026
  • Horario
    Horario de 09:00 a 17:00 horas.
  • Número de prazas
    20
  • Tecnoloxías
    • Nutanix
    • Cloud
Descrición

Únete a nós para unha sesión presencial de preparación para o exame, completamente gratuíta, deseñada para axudarche a obter a túa certificación Nutanix Certified Professional - Multi Cloud Infrastructure (NCP-MCI 7.5). Esta credencial recoñecida na industria demostra a túa capacidade para implementar, xestionar e optimizar solucións Nutanix, o que che abre portas a novas oportunidades.

Por que certificarse:
•    Valida as túas habilidades técnicas cunha credencial recoñecida na industria
•    Aumenta o teu potencial de ingresos e as túas oportunidades profesionais
•    Únete a unha comunidade global de profesionais certificados de Nutanix

Beneficios privados clave:
•    Certificación recoñecida na industria – mellora as túas credenciais profesionais cunha das certificacións máis valoradas en infraestrutura cloud
•    Avance professional – demostra experiencia validada ante empregadores e aumenta o teu potencial de ingresos
•    Guía experta – revisión presencial con instrutores experimentados e oportunidade de facer preguntas
•    Sen custo – sesión completa de preparación e exame de certificación gratuítos
•    Certificación o mesmo día – realiza o exame inmediatamente despois da sesión de preparación
 

Obxectivos

Preparar aos asistentes para a obtención da certificación Nutanix NCP-MCI (Multi Cloud Infrastructure), que é unha certificación técnica orientada á comprensión e administración de contornas HCI baseadas en Nutanix AOS, e obter a certificación na propia proba que se realizará na xornada.

Dirigido a

Profesionais das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións tanto do ámbito privado como público, especialmente aqueles involucrados na gestion de plataformas tanto en nube privada como pública.

Preparación requirida:
Para maximizar o teu éxito, debes completar o curso e-learning Enterprise Cloud Administration (ECA) antes de asistir. Esta é unha sesión de repaso, non un curso formativo — sen esta preparación, a sesión por si soa non sería suficiente para aprobar o exame. Podes acceder ao curso Enterprise Cloud Administration (ECA) no enderezo https://www.nutanix.com/support-services/training-certification/training/course-details-nutanix-enterprise-cloud-administration

Tamén deberás:
•    Revisar a Nutanix Exam Blueprint Guide
•    Crear unha conta en my.nutanix.com (se non tes unha)
 

Terán preferencia na admisión a esta xornada os asistentes as xornadas: Nutanix, cualquier aplicación en cualquier lugar. Alternativa a Broadcom (https://cntg.xunta.gal/web/cntg/xornadas/-/detalle/16884),  Introdución a Nutanix Cloud Platform (https://cntg.xunta.gal/web/cntg/xornadas/-/detalle/16885) e Bootcamp de migración a Nutanix (https://cntg.xunta.gal/web/cntg/xornadas/-/detalle/16906).

Perfil do docente
  • Sean Torres, Senior Systems Engineer
  • José López Rodríguez, Systems Engineer
Temario

1.    Revisión dos temas que se avalían na certificación NCP-MCI 7.5
2.    Resolución de dúbidas e preguntas dos asistentes
3.    Exame de certificación
 

  • Horas
    16
  • Beneficios
    • Certificado de asistencia
  • Data inicio inscripción
    01/09/2026
  • Data fin inscripción
    07/10/2026
  • Estado
    CONTROL ACCESOS PREPARADO
  • Horas distancia
    8
  • Horas presenciales
    8
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No