Automatización e fluxos de traballo en Drupal con ECA

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    07/09/2026
  • Data fin
    07/09/2026
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/08/2026 - 06/09/2026
  • Horario
    O 07/09/2026 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Drupal
Descrición

Este seminario está deseñado para administradores/as de sitios e responsables de contido con coñecementos de Drupal a nivel de site building. O seu obxectivo é ensinar como automatizar tarefas, xestionar fluxos de traballo e optimizar procesos dentro de Drupal sen necesidade de programar, utilizando o enfoque ECA (Entidade, Contexto, Acción).

Durante a sesión, os/as participantes aprenderán a identificar que entidades manipular, como definir condicións e contextos, e que accións executar automaticamente, logrando que o seu sitio web sexa máis eficiente e áxil. Combinarase teoría con demostracións prácticas, mostrando exemplos concretos de automatización e fluxos de traballo avanzados.

 

Obxectivos

Ao finalizar o seminario, os/as participantes serán capaces de comprender e aplicar o enfoque ECA (Entidade, Contexto, Acción) en Drupal para automatizar fluxos de traballo e procesos editoriais, configurando regras e accións que optimicen a xestión de contido e usuarios, sen necesidade de programar, e mantendo un control eficiente e seguro sobre o sitio.

Dirigido a

Esta introdución a Drupal CMS pode ser interesante para un amplo rango de perfís: 

  • Administradores/as de sitios Drupal con experiencia en site building.
  • Responsables de contido que desexen optimizar procesos editoriais.
  • Xestores/as de proxectos dixitais que buscan automatizar fluxos sen programación.
  • Calquera Profesional IT con coñecementos previos de Drupal.
Perfil do docente

O relator será Fran Gil, experto en desenvolvemento web con Drupal desde o ano 2006 e formador e consultor Drupal en Forcontu desde 2009. Fran Gil é autor dos libros e plans formativos que impartiu Forcontu en Drupal desde a versión 6 á 11. Tamén titoriza os cursos en liña de Forcontu e imparte os cursos presenciais e por videoconferencia para empresas.

Temario
  • Introdución a ECA.
  • Entidades e contextos.
  • Accións e automatizacións: tipos de accións e configuración de fluxos.
  • Horas
    4
  • Data fin renuncia
    03/09/2026
  • Data inicio inscripción
    01/08/2026
  • Data fin inscripción
    06/09/2026
  • Estado
    INSCRIPCION
  • Horas distancia
    4
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto