-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeSeminario
-
Data inicio08/10/2026
-
Data fin08/10/2026
-
CertificaciónNo
-
Período de rexistro01/09/2026 - 07/10/2026
-
HorarioHorario de 16:00 a 20:00 horas.
-
Número de prazas232
-
Tecnoloxías
- IA
- Google Cloud
Unha sesión formativa de aproximadamente catro horas dedicada á adopción estratéxica e práctica de Google Gemini Enterprise, dirixida a empresas, profesionais, entidades e administracións de calquera sector.
A sesión prestará especial atención á protección dos datos corporativos, o cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e o uso responsable da intelixencia artificial en contornas empresariais.
O obxectivo do seminario é mostrar, de maneira accesible e práctica, como incorporar a intelixencia artificial xenerativa aos procesos habituais dunha organización.
Perfil recomendado da persoa asistente, coñecementos previos necesarios, nivel principiante, intermedio ou avanzado.
O relator da xornada para impartir por PUEDATA, que ostenta a figura de Partner oficial de Google Cloud, en colaboración co CNTG, sera Mauro Benedetto Pazienza, Senior training Google Specialist de PUE DATA, con mais de 20 anos de experiencia en formacion e consultoria IT en areas como administracion, desenvolvemento e big data, Mauro esta actualmente enfocado na imparticion de cursos oficiais en Google Cloud e Cloudera en toda Europa.
Traballou como formador en empresas internacionais como Telecom Italia, Bea System, Oracle University e finalmente para Cloudera University que lle concedeu como instrutor oficial de PUE, o premio Best Instrutor EMEA FY17 e FY18, ademais de ser recoñecido como best instrutor Google Cloud 2019 para EMEA.
Módulo 1. Seguridade, RGPD e arquitectura empresarial
- Diferenzas entre as ferramentas de IA de consumo e as solucións empresariais.
- Privacidade e protección da información corporativa.
- Xestión de identidades, permisos e acceso aos datos.
- Principios para unha adopción segura e responsable.
- Aspectos esenciais relacionados co cumprimento do RGPD.
Módulo 2. A IA nos fluxos de traballo cotiáns
- Gemini notebook
- Creación, resumo e transformación de documentos.
- Análise de información e apoio á toma de decisións.
- Automatización de comunicacións e tarefas repetitivas.
- Creación de Gems personalizados: asistentes de IA adaptados a diferentes funcións e necesidades profesionais.
Módulo 3. Gemini Enterprises
- Análise e síntese de documentos extensos.
- Extracción de información relevante de contratos, informes e procedementos.
- Organización e análise de datos para obter conclusións útiles.
- Preparación e adaptación de comunicacións profesionais.
- Creación de contidos para diferentes públicos e idiomas.
- Deseño inicial dun asistente de IA especializado.
Módulo 4. Adopción, retorno do investimento e preguntas
- Identificación de casos de uso con impacto real.
- Criterios para priorizar iniciativas de intelixencia artificial.
- Implantación gradual: desde unha proba piloto ata unha adopción máis ampla.
- Medición do aforro de tempo, a produtividade e o retorno do investimento.
- Preguntas e respostas.
-
Horas4
-
Data inicio inscripción01/09/2026
-
Data fin inscripción07/10/2026
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia4
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia0
-
Plazo abiertoNo