Orquestración de contedores con Nutanix Kubernetes Platform

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    15/10/2026
  • Data fin
    15/10/2026
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/09/2026 - 14/10/2026
  • Horario
    Horario de 10:00 a 12:00 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Nutanix
    • Kubernetes
    • Cloud
Descrición

A tecnoloxía de contedores é un dos motores que está a impulsar a transformación das aplicacións e polo tanto dos negocios en todo tipo de empresas e entidades públicas.

Xestionar contedores a escala é un reto ao que Kubernetes deu resposta como o orquestrador de facto da industria, pero Kubernetes carece de capacidades empresariais que os clientes deben suplir con proxectos de comunidade ou software propietario.

Nutanix Kubernetes Platform (NKP) dota aos clientes cun conxunto de capacidades completo que facilita o despregamento de solucións baseadas en contedores.

Nesta sesión presentaranse os principais retos do despregamento de contedores, como NKP pode axudar neses despregamentos e realizarase unha demostración do uso da plataforma.

Obxectivos

Introducir aos asistentes na tecnoloxía de orquestración de contedores con Nutanix Kubernetes Platform e como facilita o ciclo de vida de infraestrutura e aplicacións.

Dirigido a

Profesionais das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións tanto do ámbito privado como público, especialmente aqueles involucrados na gestion de plataformas tanto en nube privada como pública.

Perfil do docente
  • José López Rodríguez, Nutanix Systems Engineer
Temario
  • Introdución á tecnoloxía de contedores e Kubernetes
  • Xestión a escala de Kubernetes con Nutanix Kubernetes Platform
  • Demo
  • Horas
    2
  • Data inicio inscripción
    01/09/2026
  • Data fin inscripción
    14/10/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    2
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No