Resiliencia dos Servizos TIC (DORA)

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    09/11/2026
  • Data fin
    09/11/2026
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/10/2026 - 08/11/2026
  • Horario
    Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
    • ISACA
Descrición

No contexto actual de transformación tecnolóxica e ciberseguridade, a resilencia dixital adquire unha importancia capital para asegurar a prestación dos servizos TIC que dan soporte ás actividades de negocio de calquera organización. Importancia que é recollida na lexislación nacional e comunitaria, como requisito exixible.

Para cumprir a normativa e asegurar a continuidade das operacións, é necesario promover estratexias, ferramentas e boas prácticas que permitan garantir a continuidade operativa, a seguridade e a adaptabilidade dos sistemas tecnolóxicos ante incidentes ou crises.

Obxectivos
  • Reforzar coñecementos e competencias dos participantes incluíndo a súa relación coa ciberseguridade, a xestión do risco e a continuidade operativa.
  • Fomentar a integración da resiliencia como principio de deseño en  servizos TIC.
  • Coñecer e aplicar metodoloxías para o desenvolvemento de plans de resiliencia tecnolóxica e recuperación ante desastres.
  • Entender como avaliar o desempeño e a madurez da resiliencia en contornas TIC.
Dirigido a

Dirixido a profesionais e executivos do sector financeiro e os seus provedores críticos de servizos TIC, incluíndo: CISOs, CIOs, Xefes de Risco, Auditores Internos, Oficiais de Cumprimento (Compliance), Xerentes de Continuidade do Negocio (BCM) e membros do Órgano de Dirección que deben supervisar a súa implementación.

Perfil do docente

O formador será Juan Blázquez Martín, consultor e instrutor en Ciberseguridade. Conta coas certificacións: CISA (ISACA), CEH (EC-Council Certified Ethical Hacker), CompTIA Security+ e MCITP (Microsoft Certified IT Professional). Especializado en Auditorías e cumprimento (ISO 27001, ENS, PCI-DSS), Ethical hacking e probas de penetración, Arquitecturas e seguridade en contornas Microsoft, Xestión de proxectos IT e continuidade de negocio, e Formación técnica e concienciación en ciberseguridade.

Temario
  • Fundamentos técnicos da resiliencia en contornas TIC.
  • Resiliencia no marco normativo: DORA-NIS2-ENS
  • Marcos de referencia e metodoloxías en resiliencia:  ISO 22301-NIST-ITIL-COBIT
  • Deseño e implementación de estratexias de resiliencia en contornas TIC.
  • Horas
    4
  • Beneficios
    • Certificado de asistencia
  • Data inicio inscripción
    01/10/2026
  • Data fin inscripción
    08/11/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    0
  • Horas presenciales
    4
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No