-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeSeminario
-
Data inicio10/11/2026
-
Data fin10/11/2026
-
CertificaciónNo
-
Período de rexistro01/10/2026 - 09/11/2026
-
HorarioHorario de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas232
-
Tecnoloxías
- DevOps
Este seminario céntrase en DevOps como motor operativo dunha estratexia dixital integral: como avaliar o estado actual dunha organización, como aliñar esa realidade coa visión de negocio (VMOST), como manter o progreso no tempo (mellora continua), como traducir todo isto en decisións concretas de arquitectura e nube, e como garantilo mediante unha gobernanza que non obstaculice a entrega.
Comprender como DevOps va máis alá de ser unha mera práctica para converterse no motor operativo dunha estratexia dixital integral.
Xestores, responsables da toma de decisións, CTO, líderes técnicos, etc.
O relator da xornada será Luis Rodríguez Castromil, Strategic Technology Leader con máis de 13 anos de experiencia en DevOps, Cloud e plataformas dixitais. Conta con certificacións como AWS Solutions Architect (Associate e Professional), Microsoft Azure Fundamentals e DASA DevOps Fundamentals. Traballou como SRE, Platform e DevOps Engineer, liderando iniciativas de automatización, optimización de custos en AWS e fiabilidade de sistemas, así como na mentorización de equipos técnicos e aliñación da tecnoloxía cos obxectivos de negocio.
- Avaliación da madureza: como diagnosticar con honestidade a situación actual da túa organización.
- VMOST aplicado á tecnoloxía: vincular ese diagnóstico coa visión e os obxectivos do negocio antes de decidir o “como”.
- Arquitectura, nube e toma de decisións: un marco práctico para decidir entre desenvolver ou comprar (“build vs. Buy), analizar o custo total de propiedade (TCO), etc.
- Mellora continua e gobernanza áxil: como manter o cambio ao longo do tempo sen caer no caos nin na burocracia.
-
Horas4
-
Data inicio inscripción01/10/2026
-
Data fin inscripción09/11/2026
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia4
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia0
-
Plazo abiertoNo