DevOps como alicerce da túa estratexia dixital

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    10/11/2026
  • Data fin
    10/11/2026
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/10/2026 - 09/11/2026
  • Horario
    Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • DevOps
Descrición

Este seminario céntrase en DevOps como motor operativo dunha estratexia dixital integral: como avaliar o estado actual dunha organización, como aliñar esa realidade coa visión de negocio (VMOST), como manter o progreso no tempo (mellora continua), como traducir todo isto en decisións concretas de arquitectura e nube, e como garantilo mediante unha gobernanza que non obstaculice a entrega.

Obxectivos

Comprender como DevOps va máis alá de ser unha mera práctica para converterse no motor operativo dunha estratexia dixital integral.

Dirigido a

Xestores, responsables da toma de decisións, CTO, líderes técnicos, etc.

Perfil do docente

O relator da xornada será Luis Rodríguez Castromil, Strategic Technology Leader con máis de 13 anos de experiencia en DevOps, Cloud e plataformas dixitais. Conta con certificacións como AWS Solutions Architect (Associate e Professional), Microsoft Azure Fundamentals e DASA DevOps Fundamentals. Traballou como SRE, Platform e DevOps Engineer, liderando iniciativas de automatización, optimización de custos en AWS e fiabilidade de sistemas, así como na mentorización de equipos técnicos e aliñación da tecnoloxía cos obxectivos de negocio.

Temario
  • Avaliación da madureza: como diagnosticar con honestidade a situación actual da túa organización.
  • VMOST aplicado á tecnoloxía: vincular ese diagnóstico coa visión e os obxectivos do negocio antes de decidir o “como”.
  • Arquitectura, nube e toma de decisións: un marco práctico para decidir entre desenvolver ou comprar (“build vs. Buy), analizar o custo total de propiedade (TCO), etc.
  • Mellora continua e gobernanza áxil: como manter o cambio ao longo do tempo sen caer no caos nin na burocracia.
  • Horas
    4
  • Data inicio inscripción
    01/10/2026
  • Data fin inscripción
    09/11/2026
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    4
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No