IT Foundations Reloaded: Do Posto de Traballo á Nube Híbrida con CompTIA

  • Metodoloxía
    Presencial
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    02/12/2026
  • Data fin
    02/12/2026
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/11/2026 - 02/12/2026
  • Horario
    Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
    • CompTIA
Descrición

Este seminario percorre a cadea completa da infraestrutura actual, do hardware do posto de traballo ata os servizos despregados na nube. Aliñado co marco de competencias de CompTIA, os participantes traballarán un método de diagnóstico reproducible e os criterios de custo, rendemento e dispoñibilidade que deciden que queda en local e que lévase á nube.

Obxectivos
  • Dominar un método de diagnóstico reproducible ante incidencias de hardware, sistema operativo e rede.
  • Comprender os modelos de servizo e de despregamento da nube e as súas implicacións reais.
  • Identificar os fundamentos de virtualización, almacenamento e redes que sustentan calquera contorna cloud.
  • Aliñar as competencias do equipo coas certificacións CompTIA de infraestrutura e nube.
Dirigido a

Persoal de soporte e microinformática, administradores de sistemas en formación, técnicos de helpdesk e profesionais doutras áreas TIC que queiran asentar os fundamentos de infraestrutura e nube.

Perfil do docente

O relator da xornada será Esteban Vázquez Ferreiro: Profesional con máis de 20 anos de experiencia no sector IT, compaxina a dirección de proxectos tecnolóxicos coa formación técnica especializada. É enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas e Máster en Dirección de Proxectos, ambos por a Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa faceta de formador estivo sempre ligado á súa experiencia profesional: a docencia vai unida a proxectos reais e a decisións que hai que poder xustificar, medir e soster ante terceiros. Entre as empresas e organismos aos que asesorou ou formou atópanse o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), a Xunta de Galicia, o SEPE, INDRA, o Centro de Supercomputación de Barcelona, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Sevilla, TRAGSA, Balidea, Opentrends, Hiberus, o Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Aragón (CTA), Tecnocom, PSA Citroën, FINSA, AMFEAFIP e Grupo SM.

O seu enfoque pedagóxico prioriza o criterio sobre a memorización: que o alumnado entenda non só como se usa unha tecnoloxía, senón por que cada decisión técnica ten sentido no contexto de unha organización real e como se defende cando alguén a audita.

Temario
  1. Panorama da infraestrutura TI: que cambiou e que segue igual
  2. Diagnóstico metódico: illar o fallo antes de tocar nada
  3. Do servidor físico ao hipervisor: fundamentos de virtualización
  4. Modelos de servizo e despregamento: custo, rendemento e alta dispoñibilidade
  5. Criterios de decisión local fronte a nube e roteiro de certificación CompTIA
  • Horas
    4
  • Data inicio inscripción
    01/11/2026
  • Data fin inscripción
    02/12/2026
  • Horas distancia
    0
  • Horas presenciales
    4
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No